martes, 19 de maio de 2026

HOXE VISÍTANOS... FINA CASALDERREY

 



 
Tamén tivemos a visita de outra GRANDE das nosa Letras: Fina Casalderrey. 

O alumnado do 1⁰ ciclo falou con ela de "Quen me quere adoptar" no que un avó pon un anuncio no xornal para buscar unha familia.

 
 
 
 
 
 O de 5⁰ conversou sobre "Dúas bágoas por máquina", un can que desaparece e os seus donos emprenden unha busca incansable. Ámbalas dúas obras inspiradas en feitos reais. Xogamos con ela a crear metáforas e falamos de plaxios e da importancia de documentarnos antes de escribir. Se chega a ser mais longo o faladoiro saimos tod@s escritor@s. Moitas grazas, Fina. Sabes q aquí tes unha morea de netas e netos adoptivos para cando precises dar aloumiños.
 

1 comentario: