mércores, 13 de maio de 2026

HOXE VISÍTANOS... ANGIE ROA


 

Hoxe tivemos a sorte de contar na escola coa visita da ilustradora e escritora Angie Roa, autora do libro Noa.

Angie é unha artista moi nova á que lle apaixoa debuxar coa súa tableta gráfica. Desde pequena mostrou un gran interese polo debuxo e pola creación de historias, unha paixón que foi cultivando e segue a cultivar.

 

Con tan só vinte e cinco anos, recibiu o VI Premio de Banda Deseñada O Garaxe Hermético pola súa obra Noa e a cidade sen maxia, un recoñecemento que lle permitiu publicar o seu primeiro cómic. Sen dúbida, este é só o comezo dunha prometedora traxectoria artística e literaria.

 

Durante a súa visita, compartiu co alumnado a súa experiencia como ilustradora e escritora, achegándonos ao proceso creativo que hai detrás dunha banda deseñada e animándonos a perseguir os nosos soños con ilusión e constancia.

Encantounos coñecer o teu traballo e aprender contigo. Moitas grazas pola túa visita, Angie, e moita sorte nos proxectos que están por vir!






Ningún comentario:

Publicar un comentario