Grazas a doazón dunha fermosa estantería, este curso escolar quedou inaugurado un novo espazo na biblioteca...
O RECANTO DO CÓMIC
Os andeis indican aos lectores aos que vai dirixido. Os andeis máis baixos, corresponden aos alumnos e alumnas máis cativos da escola e a medida que subimos en andeis, subimos na idade dos lectores recomendada.
Picolindo tivo moito tempo este verán, e paseando polas rúas descubriu que VIGO É UNHA CIDADE DE COR. Este proxecto no que a nosa cidade leva incurso dous anos, fixo que a nosa mascota decidise que é tamén tiña que ter un lugar especial.
Fíxadevos!!!!!!
Agora so tedes que adiviñar, onde vai a conseguir que entre todos fagades esta gran obra de arte.
Hoxe, 13 de setembro celebramos o 100 aniversario do nacemento de Roald Dahl. Para os que queirades, temos na biblioteca unha pequena exposición da súa obra. Sobre él, facemos unha pequena exposición co traballo de todos vós.
No presente curso escolar, os nenos e nenas do Rocío, acompañad@s polos seus mestres e familiares convertiranse nuns verdadeiros
INVESTIGADOREs das ARTES A TRAVÉS DO TEMPO.
Da man da nosa mascota PICOLINDO, volveremos visitar moitos lugares do mundo para achegarnos a...
O MUNDO DAS ARTES
Viaxaremos no tempo a través da pintura, da escultura, da fotografía, do cómic, da danza, da arquitectura, do cine, do teatro,...
Fermosa actividade levada a cabo o alumnado de educación primaria que serviu xunto coas Picolimpiadas deportivas para clausurar o noso estupendo ANO PICOLÍMPICO.
Esperamos que os vosos fillos e fillas vos contaran a mañá tan lúdica da que gozaron.
Os nenos teñen grandes curiosidades, e experimentando e o mellor xeito de aprender. Dende a aula as mestras animaron ao alumnado á realización de experimentos na casa, deste xeito acadamos que consoliden aprendizaxes.
Ademáis aproveitamos para fomentar a súa autoestima, a capacidade de expresarse e comunicarse a través dun medio innovador.
A finalidade desta actividade foi acercar aos nenos e nenas aos medios de comunicación dun xeito crítico aos medios de comunicación e fomentar aspectos como a interpretación das imaxes que reciben a través dos medios.