martes, 21 de xuño de 2016

AS PICOLIMPIADAS DO SABER

Fermosa actividade levada a cabo o alumnado de educación primaria que serviu xunto coas Picolimpiadas deportivas para clausurar o noso estupendo ANO PICOLÍMPICO.
Esperamos que os vosos fillos e fillas vos contaran a mañá tan lúdica da que gozaron.

venres, 10 de xuño de 2016

TRABALLAMOS COA EXPERIMENTACIÓN

Os nenos teñen grandes curiosidades, e experimentando e o mellor xeito de aprender. Dende a aula as mestras animaron ao alumnado á realización de experimentos na casa, deste xeito acadamos que consoliden aprendizaxes.
Ademáis aproveitamos para fomentar a súa autoestima, a capacidade de expresarse e comunicarse a través dun medio innovador.




xoves, 9 de xuño de 2016

OS PUBLICISTAS DE QUINTO

Traballada na aula a Publicidade, 
o alumnado de xeito voluntario
 elaborou uns anuncios
 moi televisivos.
SODES UNS ARTISTAS!

A finalidade desta actividade foi acercar aos nenos e nenas aos medios de comunicación dun xeito crítico aos medios de comunicación e fomentar aspectos como a interpretación das imaxes que reciben a través dos medios. 

luns, 30 de maio de 2016

VISITA DE XAVIER ESTÉVEZ


O ESCRITOR Xavier Estévez estivo no noso cole cos alumnos de 5º e 6º por cortesía da Ed XERAIS para falar do libro que lemos "O corazón da maxia".
Entre outros, deixounos pensamentos tan fermosos como:
"A felicidade non está fóra; está dentro de ti"
" Na vida hai que buscar o equilibrio"
"Se queres ser feliz, pódelo ser, depende de ti"
ou
"Os bos libros son os que fan pensar"

MOITAS GRAZAS!



sábado, 28 de maio de 2016

I TORNEO DE XADREZ VIRXE DO ROCÍO


Este xoves botou a andar o noso I TORNEO DE XADREZ para o que tanto estivemos adestrando estes meses. Sorte a tódol@s participantes!

CHAPEUS POR SIRIA

Os nenos e nenas do Rocío quixemos colaborar con esta iniciativa solidaria de FOANPAS e a Funsación Seur.

mércores, 25 de maio de 2016

MANUEL SOLLA VIU Á ESCOLA DA MAN DA EDITORIAL SM

O actor e contacontos Manuel Solla visitou aos nenos e nenas de 1º e 2º por cortesía da editorial S.M e trouxo con el unha grande sorpresa: A NOSA MASCOTA RASI a tamaño real!!!!

domingo, 22 de maio de 2016

CERTAME LITERARIO MANUEL MARÍA. LETRAS GALEGAS 2016.

Tal e como comentaramos nas entradas anteriores, 
o ano 2016,
 dedícaselle o día das LETRAS GALEGAS a
 MANUEL MARÍA,
 polo que o alumnado da escola celebrouno entoando as súas poesías.




   

  Temos uns mestres, alumnos e alumnas que son uns artistas!!!

sábado, 21 de maio de 2016

O BAILE DAS FITAS

Dentro da celebración dos Maios, na escola temos arraigada unha tradición, na que o alumnado do cuarto curso de educación primaria fai o Baile das Fitas.
Ensaiaron moito, e o resultado é espectacular.
GRAZAS RAPACES!