martes, 28 de abril de 2026

HOXE VISÍTANOS... MARTA VILLAR

 


 
Hoxe tivemos a sorte de contar na nosa escola con MARTA VILLAR, a escritora do fermoso libro "OS PEIDOS DE SULTÁN".
 
 
 Marta falou con nós deste libro tan divertido e gozamos con ela das anédotas que nos contou do seu can Sil, ou deberiamos dicir Sultán?
 
 
Ata nos sorprendeu con burbullas, igual que as que bota Sultán a través dos seus gases máxicos.  
 
 
Antes de marchar, escribiunos unha dedicatoria e asinounos o libro a cada un de nós, e como non asinou no libro de visitas da nosa biblioteca.
 
 
Grazas, Marta! e como non... Grazas, Xerais! 










 

Ningún comentario:

Publicar un comentario