Todos e todas coñecedes a debilidade da nosa escola polos paxaros. Durante o periodo invernal non os vemos no patio da escola, nin nos parques nin nos xardíns.
Hoxe 2 de febreiro, Día da Candeloria, ou Día das Candeas, comeza o tempo no que os paxaros volven xuntarse para emparellarse. É tempo do amor, tempo no que os paxariños se casan. Como dí o refrán, "a partir da Candeloria ningunha ave voa soa".
Segundo as tradicións, as Candeas é o preludio da chegada da primavera. Volvemos a tirar do refraneiro:
"Cando a Cadeloria chora, o inverno vai fóra.
Se a Candelaria rí, o inverno está por vir;
pero que ría e que cante hai inverno para tras e para diante"
Queremos agradecer a todas as familias a súa implicación para que na nosa escola, ningunha ave voe soa. Aquí vos mostramos a fermosura de árbore do recibidor da escola. Todos xuntos somos capaces de facer cousas fermosas.
.jpg)

Ningún comentario:
Publicar un comentario