mércores, 28 de xaneiro de 2026

HOXE VISÍTANOS... XOSE MANUEL SANÍN, ARTESÁN DE PERCUSIÓN TRADICONAL

Hoxe, 27 de xaneiro, tivemos a sorte de ter na escola a SANÍN, artesán de percusión tradicional que tentou aprender ao noso alumnado como construír unha pandeireta.

Sanín, contoulles que  hai moitos anos, a música formaba parte da vida cotiá dos agricultores. As pandeiretas comezaron a usarse polas labregas e labregos como instrumento de acompañamento nas foliadas, reunións festivas que se facían despois das xornadas de traballo máis importantes do ano, como a recolleita e a esfollada do millo

Sanín dixo que falar cos rapaces do Resío era todo un reto, pois son rapaces que viven na cidade e para eles, esta cultura nosa, está moi alonxada da súa realidade. Preguntoulles se coñecían instrumentos tradicionais de percusión. Como non foron quen de dar unha resposta, Sanin explicou que a percusión tradicional galega naceu da imaxinación e do aproveitamento dos materiais que había á man. Así, botellas de anís, botes de pemento ou outros recipientes cotiáns convertéronse en instrumentos musicais cheos de son e ritmo. Estes obxectos, ao seren axitados ou golpeados, producen sons que acompañan os cantos e as danzas, demostrando que a música pode xurdir de calquera lugar cando hai creatividade.

Contoulles que pandeireta é un dos instrumentos máis emblemáticos da nosa cultura e ía construír unha diante deles.  Sanín explicou que a  partir da madeira dos piñeiros, o artesán vai dándolle forma ao marco, un traballo lento que pode durar meses e que require paciencia.  Unha vez feito o aro, fanse uns buracos nos que se colocan as ferreñas, pequenas pezas metálicas responsables do seu son tan característico.

 

 

Sobre ese marco colócase a membrana, que na pandeireta galega tradicional se elabora con pel de cabra. A pel tensase e axústase con coidado para conseguir o son axeitado. Sorprendidos quedaron tod@s, ao poder tocar a pel da cabra.

Tentou aprenderlle aos nenos e nenas as diferencias entre a pandeireta galega e outras que están polo mundo adiante e indicoulles que él tamén fai pandeiretas para fóra da nosa comunidade e fóra do noso país.

Grazas a Fundación Artesanía Galega, e aos artesáns,como Sanín, o alumnado pode coñecer de primeira man estes oficios tradicionais e comprender mellor como a música, a artesanía van da man.  Non hai dous pandeiretas iguais, aínda que os pasos para elaboralos sexan os mesmos.


Grazas!

A prensa fíxose eco da nosa actividade que se desenvolveu no salón de actos do edificio antigo da nosa escola.




Ningún comentario:

Publicar un comentario