Co gallo da celebración do DÍA DO CÓMIC, na escola, dentro do PDI anual e dende o Laboratorio das Artes, levamos a cabo unha actividade creativa de invención de personaxes en equipos colaborativos e creación de cómics xa de xeito individual coas personaxes creadas en equipo, no que poden aparecer entre outros, a mascota da escola, Picolindo ,e cunha temática ecolóxica.
Fermosos traballos os realizados polo alumnado do quinto e sexto curso de primaria. Podedes gozar deles nesta presentación ou no libro/cómic preparado con tódolos traballos na escola.
Esta é a súa portada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario