Esta semana botaron a andar os diversos clubs de lectura do Resío. Neles participaron un total de 29 alumnos e alumnas do cuarto, quinto e sexto curso de primaria. Os libros elexidos son:
· A botella de lentellas de Leticia Barbadillo,
· Trece avisos, de Paula Carballeira
· Cuando brillan las estrellas de Victoria Jamieson y Omar Mohamed
A vindeira semana será o Club de adultos “Café entre liñas”, co libro Ninguén contará a verdade de Pedro Feijoo, o que terá a súa primeira xuntanza; pais, nais e mestres e mestras reuniranse por compartir impresións sobre o libro ao redor dun café.
CEIP VIRXE DO ROCÍO, participa no programa Clubs de Lectura da Xunta de Galicia dende hai tres anos. É unha iniciativa moi ben valorada pola comunidade educativa e que ano tras ano gaña socios e socias.
Trala lectura e análise dos libros, os membros dos clubs de lectura gozan de encontros cos autores, roteiros didácticos, realizan podscast para a radio escolar...
Ningún comentario:
Publicar un comentario