xoves, 23 de febreiro de 2023

LEDICIA COSTAS VISITA A NOSA ESCOLA

 Hoxe é un día moi especial, pois a nosa escritora, a viguesa, LEDICIA COSTAS, visitou a nosa escola trala lectura do seu libro ESCARLATINA, A COCIÑEIRA DEFUNTA, polo alumnado do quinto curso de primaria.

 

Que emocionados estaban tod@s!,

 Que festa tan grande tiñan argallada!

O recibimento por parte da nosa mascota Picolindo, un gran cartaz con todas as súas obras e unha magnífica mesa chea de sobremesas, sobremesas das receitas do seu libro. As receitas de Román.

L




Ledicia falounos de moitas cousas que fan que a poidamos coñecer mellor. Unha persoa moi achegada a nós, que nos contou, que lle encantan as historias de bruxas, pantasmas e mortos.  Di que escribe moito pero que tamén lé moito. Encántalle escribir e neste momento todo o que escribe, gusta. Ela pensa que lle queda moito por escribir e que pensa que as mellores historias son as que se escriben co corazón.
Contou que moitas das receitas do seu libro, eran receitas feitas pola súa irmá, pois ela é larpeira pero na cociña....
Tamén falamos de como chegou a porlle escarlatina ao personaxe do seu libro, tamén nos convidou a ir hoxe ás 18h. á presentación en sociedade do seu novo libro, e nos emprazou a que dentro dun mes, presentaría con nós un novo conto, cun personaxe coñecido por todos nós. Adiviñades de que se trata?


Para rematar, asinounos o libro e no gran libro da biblioteca da escola.

Grazas Ledicia, esperamos volver a verte axiña!




Para finalizar, no tempo de lecer, tomamos unha gran e merecida merendola na biblioteca.



 

Ningún comentario:

Publicar un comentario