luns, 21 de marzo de 2022

PREPARANDO A RECONQUISTIÑA

 A festa da Reconquista xa está aquí. Os vigueses e viguesas retrocedemos ao ano 1809 para rememorar un dos episodios históricos máis importantes da nosa cidade.

Cachamuíña, Carolo, Aurora, O abade de Valadares, o alcalde Vázquez Varela, entre outros serán os protagonistas que lle otorgou a nosa cidade o título de "Fiel, leal e valerosa".

Na escola, inmerso no PDI "Alén do Resío", participaremos na RECONQUISTIÑA  que é a festa de época destinada aos máis cativos. A rapazada da nosa escola xunto cos nenos e nenas doutras escolas desfilarán o xoves 24 de marzo polo Casco antigo da nosa cidade.

As familias están convidadas, pero teñen que vestir de época.

Nas casas, xa están a prepararas chambras, as puchas, os corpiños, as calzas, os refaixos, os panos, os dengues, os mantóns, as toquillas, os panos, os mandiles , os zocos, os xustillos mailas enaguas.

Que guapos e guapas imos desfilar.


E como non podíamos desfilar sen tocar os tambores, deixamosvos aquí unha mostra dos nosos ensaios.

 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario