Os nenos e nenas de 4° e 6° de educación infantil tiveron unha saída didáctica á biblioteca Juan Compañel. Nela, o bibliotecario César, comezou por
ensinarlles as normas básicas que rexen este tipo de establecementos, amosoulles as instalacións e recursos dispoñibles e cómo acceder a eles
coa familia no tempo de lecer. Ademáis, contoulles un conto moi
divertido e presentoulles a unha morea de personaxes que eran
protagonistas noutras historias. A visita rematou coa manipulación dos
contos por parte dos nenos e nenas.
Foi unha visita moi entretida e de grande interese para os cativos/as. Dende a escola, convidámosvos a ir en familia gozar das actividades e recursos que ofrecen.
Foi unha visita moi entretida e de grande interese para os cativos/as. Dende a escola, convidámosvos a ir en familia gozar das actividades e recursos que ofrecen.
PREME NA IMAXE PARA GOZAR DAS ACTIVIDADES LEVADAS A CABO |
Ningún comentario:
Publicar un comentario