1.
Ser pai/nai/titor ou titora legal do alumnado matriculado en educación
primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial, nun
centro sostido con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia
durante o curso escolar 2014/2015, e non repetir curso neste ano
académico. Non obstante, o alumnado que repita 1º ou 2º de educación
primaria poderá solicitar a axuda, xa que neste ciclo emprégase material
que non pode ser reutilizado.
2. Non estar incurso nas
prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no
artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
3.
Para o alumnado de educación primaria e educación secundaria
obrigatoria ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 9.000
euros. Para a determinación da renda per cápita familiar terase en
conta o disposto no artigo 6 da orde de convocatoria.
Lugar de presentación.
As solicitudes (anexo I) deberán presentarse en soporte papel, preferentemente no centro no que estea matriculado o alumno ou alumna,
ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da
Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións
públicas e do procedemento administrativo común utilizando o formulario
normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es.
En
caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de
correos na primeira folla do formulario para acreditar a data de
presentación da solicitude.
Presentarase unha solicitude por cada alumno ou alumna matriculados,
de xeito que, se un solicitante ten varios fillos ou fillas
matriculados nas ensinanzas obxecto da convocatoria, xa sexa no mesmo ou
en distinto centro, deberá presentar unha solicitude para cada un
deles.
As axudas serán solicitadas polos pais, nais, titores ou
representantes legais do alumnado.Por cada alumno ou alumna só se
concederá unha axuda por curso escolar, con independencia de que puidese
estar escolarizado sucesivamente en dous ou máis centros sostidos con
fondos públicos no curso escolar 2014/2015.
Prazo de presentación.
O prazo de presentación de instancias será o seguinte:
a) Para o alumnado de educación primaria e educación especial: do 2 de xuño ao 2 de xullo de 2014, ambos inclusive.
b) Para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que formalice a matrícula no prazo ordinario: do 25 de xuño ao 28 de xullo de 2014, ambos inclusive.
c) Para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que formalice a matrícula no prazo extraordinario: do 2 de setembro ao 2 de outubro de 2014, ambos inclusive.
d) Para as novas incorporacións
de alumnado que se produzan ao longo do curso con posterioridade aos
períodos indicados, sempre que no mesmo curso escolar non estivesen
matriculados con anterioridade nun centro sostido con fondos públicos da
Comunidade Autónoma de Galicia, o prazo será dun mes e
contarase a partir do día seguinte ao da formalización da matrícula. En
todo caso, o prazo para presentar a solicitude para as novas
incorporacións terá como data límite o 31 de marzo de 2015.
Ningún comentario:
Publicar un comentario