venres, 17 de xuño de 2011

APRENDEMOS COUSAS SOBRE OS CABALOS.

Sabedes que o martes,21 de xuño,imos de excursión ao "Clube hípico Alazán".Por esta razón,os nenos/as de 4 anos estamos a aprender moitas cousas sobre os cabalos: as súas partes, as monturas, os seus movementos, a rapa das bestas...
Mirade que manda, de cabaliños e de eguas,temos na clase.
Sabíades que ALAZÁN é o nome dunhas das razas máis puras dos nosos cabalos?
E PARA QUE APRENDADES ALGO DOS CABALOS...
ALGUNHAS COUSAS AS SABEN MOI BEN OS NOSOS RAPACES E RAPAZAS.



MIRADE ESTE VÍDEO SOBRE AS RAZAS E ALGUNHAS COUSAS MÁIS SOBRE O CABALO DE PURA RAZA ESPAÑOLA.
QUE PRECIOSIDADE!
AÍNDA QUE NÓS PREFERIMOS QUE ESTEAN  EN LIBERDADE, COMO OS QUE TEMOS AQUÍ, PRETO DE MOUGÁS E BAHIÑA, NO CONCELLO DE BAIONA(Pontevedra) E OS DE SABUCEDO, QUE SON MOI FAMOSOS.

 RECOMENDAMOSVOS UNHA PRECIOSA PELÍCULA DE CABALOS,"SPIRIT", DA QUE VOS DEIXAMOS ESTE RESUMO DO ARGUMENTO COA MÚSICA DA GAITA ELECTRÓNICA DE HEVIA COMO  FONDO.
LEMBRAMOS ÁS FAMILIAS QUE O MÉRCORES,22 DE XUÑO, A PROFE MARICRUZ FARÁ ENTREGA DOS TRABALLOS DOS VOSOS FILLOS/AS, DOS INFORMES E ALGUNHAS COUSAS DE INTERESE, NA SÚA AULA, DE 9h A 13h.
TRAEDE UNHA BOLSA PARA LEVAR O COXÍN E AS CARPETAS.
ESE DÍA OS RAPACES NON VIRÁN Á ESCOLA,POLO QUE NON HABERÁ COMEDOR NIN TRANSPORTE.
OS INFORMES E CARPETAS SE DARÁN  EXCLUSIVAMENTE AOS FAMILIARES DOS RAPACES.
UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

Ningún comentario:

Publicar un comentario