Hoxe as nenas e nenos do primeiro curso de primaria recibimos a visita de Diego López, coñecido coma "El Hematocrito". Pasamos un bo rato falando con él e logo asinounos os libros de Vaia Cabuxiña.
xoves, 10 de marzo de 2022
DIEGO LÓPEZ, O HEMATOCRITO VISITA Á RAPAZADA DE PRIMEIRO
venres, 4 de marzo de 2022
A BUSCA DO TESOURO E OS NOVOS RECUNCHOS DE 5º EI
Dentro do seu proxecto "A fauna e a flora de Vigo", os rapaces do quinto curso de educación infantil estiveron a buscar "tesouros" no patio, atoparon flores agochadas e tamén algúnha especie animal. Logo, plasmaron nun papel toda a súa vivencia.
Como gozades!
A rapazada do quinto curso de infantil medra día a día e cada vez é máis autónomo para moverse con orde polos disntintos espazos e ricóns preparados na aula. Traballan moi ben, e crearon os recantos das letras, dos números, das mans, do Arte, da cociña, da biblioteca, das construccións,...
xoves, 3 de marzo de 2022
Cartaz de entroido
mércores, 2 de marzo de 2022
XOGAMOS COAS MULLERES DOS MURAIS DE VIGO
Vigo, cidade de cor é unha iniciativa municipal que dende o ano 2015 transformou as medianeras da cidade con murais de artistas urbanos.
De todos estos murais, na escola seleccionamos os dedicados ás mulleres e creamos un xogo de corredor para infantil e outro para primaria.
A rapazada gozou moito con él e aprenderon moitas cousas.
venres, 25 de febreiro de 2022
ENTROIDO NO RESÍO 22. PASARRÚAS
O Entroido xa chegou, por fin saimos da escola en pasarrúas. En primeiro lugar FELICITAR a TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA, RAPACES E FAMILIAS e tamén ás mestras e mestres .GRAZAS familias por axudar a que esta festa fora posible, GRAZAS por colaborar, GRAZAS por cumprir as normas.As comparsas foron as que seguen:
3º EP Os marisquiñeir@s4º EP Transpórtate en Vigo
5º EP Paseando pola historia de Vigo
| MEDIEVAIS |
| HOMES DO SÉCULO XIX. IDADE MODERNA |
| CASTREXOS |
| CASTREXOS |
| ROMANOS E ROMANAS |
6ºB EP O gremio dos construtores
Logo fixemos o pasarrúas ata a alameda de Bouzas, fixádevos que contentos saiamos da escola!
Xa na alameda...
parada de descanso e...
volta á escola.
Se queres gozar con todas as imaxes do evento, so tes que premer na seguinte ligazón:
https://photos.app.goo.gl/cFYtRmoRPmJxvYQ27
e tamén nesta outra:
https://photos.app.goo.gl/F3TgPUrBXMd6tA4U8


