Festexamos o Nadal cun programa de actividades pensado para que os nen@s puideran divertirse e sentir os costumes desta festa tan popular.
Comezamos coa visita do Paxe Real para que todos os nen@s puideran entregar as súas cartas e contarlle en persoa os seus desexos para o vindeiro ano.
As 10 da mañá xuntámonos todos no ximnasio da escola para formar grupos mesturados con nen@s de tódalas idades dende 3 a 12 anos. Despois comezaron os obradoiros.
Obradoiros de maquillaxe
Obradorios de contacontos
Obradoiros de panxoliñas
Obradoiros de Bingo
Mira na presentación todas as imaxes
Despois da visita do Paxe Real e os obradoiros chegou o momento da tradicional CHOCOLATADA e AS BADALADAS que marcan o comezo do novo ano. Para rematar, bailamos e cantamos no ximnasio gozando dun fantástico día de festa!!
Vive connosco as 12 badaladas!!
Mira a presentación de imaxes e descubre como o festexamos!!
Chegadas estas datas, comeza o momento de decorar a nosa escola de Nadal. Comezabamos decorando os cristais dalgún corredor e dalgunha aula e continuamos facendo unha árbore de Nadal moi colorista. Sabedes onde está?. Esperamos que xa a atoparades. De tódolos xeitos e para os máis despistados, aquí vai unha foto. Quedou preciosa.
Na aula de plástica estivemos a facer uns debuxos para o CONCURSO ANUAL de POSTAIS de NADAL.
Os debuxos amosan a creatividade de cada nen@. A preselección foi difícil para os mestres encargados e agora chega o proceso democrático. Tódolos nen@s votarán polos tres debuxos que máis lle gustan correspondentes aos ciclos educativos nos que non están matriculados. Dezaseis son os debuxos elixidos, catro por nivel. Estes son os afortunados.
NORABOA RAPACES!. TODOS SODES GAÑADORES.
Mañá coñeceremos os catro nenos e nenas que terán a honra de ser os máis votados. Os seus debuxos servirán para felicitar o Nadal ás familias da nosa comunidade educativa.
Por outra banda, nas aulas estase a traballar arreo no CALENDARIO ANUAL que recibiredes como agasallo de Nadal,
BOUZAS,
12 MESES, 12 LUGARES.
E... xa iredes descubrindo todo o que estamos a traballar para coñecer a vila de BOUZAS .
De momento, GRAZAS A TODOS E TODAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN NA DECORACIÓN DAS CUNCHAS E ESTRELAS.
O NOSO CABALEIRO DAS CUNCHAS XA ESTÁ ENGALANADO.
luns, 10 de decembro de 2012
Continuamos a traballar no noso proxecto anual "BOUZAS", polo que antes de facer un roteiro por Bouzas, imos traballar diversos lugares significativos da vila onde se atopa situada a nosa escola. Tódolos nenos e nenas de primaria fixemos a nosa representación, con algún destes debuxos as profes farán a portada do noso calendario anual. Que vos parece?
Xuntos festexamos e coñecemos o cole novo gozando das instalacións cun programa de actividades excelente!!
O día de festa comezou pola mañá!!
A visita do Rey Midas, un mago cómico; deixou abraiados a todos os nenos e nenas da escola. A súa actuación estivo chea de sorrisos, gargalladas e maxia, moita maxia!!
Todos os rapaces querían participar nos xogos do mago!!
Mirade a presentación e gozade coas caras dos nen@s!!
Foi unha ledicia!!
Pola tarde a festa continuou...
O mellor aínda estaba por chegar...
A numerosa participación de familias fixo posible unha tarde chea de diversión: obradoiros, xogos, merendola, actuacións...
Aqueles que estivemos na festa sabemos do esforzo que tiveron que realizar as persoas encargadas da comisión da festa para que todo aquilo fora posible!!
Para elas, un agradecemento infindo!!
Grazas polo voso interese, a vosa implicación, o voso entusiasmo...
Grazas por compartir as vosas ideas, por querer formar parte da escola, por ensinar, por educar...
Lembrando unha frase de Paulo Freire:
"La educación no cambia el mundo, cambia a las personas que van a cambiar el mundo"
Desta tarde máxica tamén temos imaxes para compartir.
MAGOSTO E SAMAÍN, SAMAÍN E MAGOSTO son as festas tradicionais que teñen
máis pulo no outono. Traballamos arreo para ter unha decoración da
escola o máis bonita posible.
Foi un traballo colaborativo, no que tódolos nenos e nenas de
educación primaria colaboraron. Os máis cativos participaron coas súas
familias e as celebracións foron todo un éxito.
Bo día familias. Non sabemos se apreciades o traballo que levamos, tendo activos tantos blogues na nosa escola. Facemos moitas entradas pero non temos comentarios en case ningún. Fainos moita ilusión saber que utilizades, observades, valorades,... as distintas informacións que neles aparecen.
Para os despistados, lembramos que temos os seguintes blogues: O BLOGUE DA BIBLIOTECA. O BLOGUE DE PICOLINDO.
SE SODES CURIOSOS E QUEREDES SABER MÁIS SOBRE ESTA TRADICIÓN NOSA,PREMEDE NA FOTO DE PERECHO E VEREDES QUE SORPRESA...SABEREDES COUSAS ESQUECIDAS E QUE FORMAN PARTE DA NOSA CULTURA .VEREDES COMO,OS NOSOS RAPACES E RAPAZAS DE 3 ANOS,VOS ENSINAN UNHA LEMBRANZA ,DE FAI SÉCULOS,MOI BONITA E ESQUECIDA.
GOZADE DO SAMAÍN E NON COMADES MOITAS CHULAS E DEIXADE SITIO NO BANDULLO PARA O MAGOSTO,JI,JI,JI...!
UN BICO DE PERECHO,A PROFE MARICRUZ E OS NENOS/AS DE 3 ANOS.