MEDO, MEDO,...
QUEN DIXO MEDO?
Logo de moitos preparativos ao longo da semana, hoxe tivo lugar a festa do SAMAÍN. Coma outros anos, temos un espectacular túnel do medo, cheo de bruxas, arañeiras, cabazas,...
Na aula de plástica preparouse unha gran boca de lobo, que foi a entrada do noso túnel.
As familias, baleiraron cabazas, prepararon chulas e... trouxeron as súas obras de arte á escola.
Ao longo da mañá a rapazada, acompañada polos seus titores visitou o túnel do medo e se fotografou cos personaxes.
E houbo tempo para sacar foto en grupo.
Despois do tempo de lecer, todos os cursos da escola subimos á aula de música. Unha vez ali, fíxose entrega dos premios de microrrelatos de medo.
Antes de nada o noso agradecemento polo gran traballo realizado. Sodes uns artistas!
Comezamos cos audios. O resultado foi o que segue:
1º PREMIO: ARIADNA CORBACHO
2º PREMIO: CATALINA DOMINGUEZ
Seguimos cos vídeos. O veredicto do xurado foi o que segue:
1º PREMIO: FAMILIA FIGUEIREDO VILARIÑO
PREMIO Á MELLOR REALIZACIÓN: FAMILIA ENRIQUEZ GONZÁLEZ
PREMIO AO MELLOR GUIÓN: FAMILIA PORTABALES FERNÁNDEZ
PREMIO Á MELLOR MONTAXE: FAMILIA RODRÍGUEZ ALONSO
PREMIO Á MELLOR POSTA EN ESCEA: FAMILIA BARCIA FUENTES
PREMIO Á MELLOR INTERPRETACIÓN: JULIETA GONZÁLEZ ARENAZA
PREMIO Á MELLOR INTERPRETACIÓN: ANXO EXPÓSITO PEÑA
Visionamos tódolos vídeos e rematamos a festa cun gran concerto ofrecido polo alumnado do quinto e sexto cursos de primaria.
Ao longo da semana, preparouse o programa de Radio do Samaín. Para os que non o escoitaron no BLOGUE da VOZ DO RESÍO, podedes escoitalo agora.
https://www.ivoox.com/programa-previo-ao-samain-audios-mp3_rf_94569864_1.html
Os que pensaban que a festa estaba rematada, trabucáronse. Hoxe tiñamos unha celebración especial: "A PROFE MARICRUZ REMATA O SEU TEMPO DE TRABALLO NA NOSA ESCOLA, XUBÍLASE"
Fixémoslle entrega dun pequeno agasallo, e a despedimos cun corredor de apertas.
Goza da túa nova etapa, e xa sabes que esta é a túa escola!
Ao longo de esta semana, a rapazada continuará grabando conxuros de Samaín xunto a bruxa do saltamontes.
En breve subiranse os videos de todos os relatos de medo.
Aquí tedes a ligazón as fotografías.
https://photos.app.goo.gl/SSMYsxNsH8vWMZ7Y9
Grazas
Ningún comentario:
Publicar un comentario