venres, 11 de febreiro de 2022

11 DE CANDEAS: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

 
Hoxe, 11 de febreiro, conmemorase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia co obxectivo de visibilizar o traballo das mulleres que se dedican ás areas STEM. 

 


Con este motivo, na escola comezamos unha nova aventura investigando sobre as mulleres científicas presentes nas rúas de Vigo. Se acudimos ao plano de Vigo, vemos que, das case 2000 rúas e prazas que o compoñén, arredor de 40 se lle dedican a mulleres, e delas 3 son científicas.

Na entrada da escola, convertemos o laboratorio do Doutor Bacilus nun gran fondo submariño, no que hoxe apareceu o barco de Ángeles  Alvariño. Coñecemos aspectos da súa vida e a aprendemos algo dela e do seu traballo. Con Ángeles investigamos sobre a auga  e a relación que ten co noso corpo e coa contorna.  Hoxe, no tempo de lecer, a rapazada, presentou ante os seus compañeiros de escola distintos experimentos nos que a auga é fundamental. 




Investigamos sobre as nais científicas da escola, vos enviamos a ligazón da presentación de todas elas. NAIS E CIENTÍFICAS DO RESÍO

 

Tamén investigamos a:

  • Ángeles Alvariño, Científica galega recoñecida internacionalmente. Estudou Ciencias Naturais e
    foi a primeira muller en viaxar como científica nun buque de investigación británico.  Os seus traballos tiveron especial relevancia e aplicación na oceanografía e na bioloxía mariña.çEn Vigo traballou no IEO (Instituto ESpañol de Oceanografía), logo marchou aos Estados Unidos a seguir investigando. Descubriu 22 especies novas de ZOOPLANCTO. Os seus estudos foron de grande importancia para mellorar a pesca, que tanto depende da presenza do plancto.Hai unha rúa que leva o seu nome na urbanización de Cabo Estai en Canido.  
                                               
  • Olimpia Valencia. Foi a primeira galega que fixo un doutoramento. Foi en Medicina en Madrid. Exerceu de xinecóloga na cidade olívica durante décadas, sendo a primeira médica con consulta propia.              
  • Madame Curie. Naceu en Polonia e dá o seu nome a unha praza da Universidade. Descubriu un comportamento estraño nos átomos duns materiais, e chamoulle: Radioactividade. Foi a primeira muller en recibir o premio Nobel e... por dúas veces, en 1903 de física e en 1911 de Química.                                                       

E agora, precisamos a vosa axuda, vos convidamos a participar e colaborar con nós e vos facemos a seguinte proposta:

Nesta fin de semana podedes facer experimentos científicas en familia, gravalos en vídeo e mandalos ao wasap do cole, 658715569.

Durante a vindeira semana, todxs xs que queirades poderedes amosarnos os vosos experimentos durante o recreo no Laboratorio do Doutor Bacilus.

Veña, poñede os ollos científicos e ...

A DESCUBRIR!!

A EXPERIMENTAR!!! 


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario