mércores, 10 de febreiro de 2016

PASARRÚAS DE ENTROIDO

Un ano máis, na escola celebrouse a tradicional festa do entroido. Nenos e nenas ataviados con disfraces olímpicos feitos na escola en colaboración coas familias fixeron un pasarrúas ata Bouzas para gozar do ambiente das comparsas. Día de diversión no que a vergoña pasa a un segundo plano.




Finalizado o pasarrúas, tocou facer o xuízo ao Meco que tantas ordes mandou ao longo da semana. Como foi moi malo, este ano tocoulle ser queimado. Na seguinte grabación podedes ver o ben que o fixeron os rapaces.




Grazas familias pola vosa colaboración. As sobremesas souberon unha chea.

Ningún comentario:

Publicar un comentario