SABEMOS QUE OS MONSTROS SON COUSA DA NOSA IMAXINACIÓN,POR ISO, ADEMÁIS DE TRABALLAR CO CONTO,"O MONSTRO PELUDO",E PASALO FENOMENAL,INVENTAMOS,ENTRE TODOS,UN MONSTRO CHAMADO "TROMPI",PARA ASÍ AMOSALO.
Nunha cova húmida e gris, no medio dunha escura fraga, vivía un monstro peludo. Era feísimo!. Tiña unha cabeza enorme sobre peiños ridículos, o que lle impedía moverse moito e saír da súa cova.
Así comeza esta aventura que terá como protagonistas ao monstro que, e citando o editorial, "canso para comer ratos decide probar sorte coas persoas", e Lucila que será a súa primeira vítima, aínda que é princesa, resulta un pouco respondona. Ao monstro non lle gusta que lle tomen o pelo, sobre todo porque ten moitos. A princesa, con todo, non ten nin un de boba e está máis que disposta a demostralo.Queres saber que ocorre entre eles?Achégate a esta monstrosa historia e descubrirás un final sorprendente,como o fixeron os nenos/as de 4 anos cando lles contou o conto a profe Maricruz.
QUEREDES COÑECER CANTOS TROMPIS FIXEMOS?
TANTOS COMO NENOS/AS, COA SÚA IMAXINACIÓN,TEN A PROFE MARICRUZ.
DE AGORA EN DIANTE,OS NOSOS NENOS/AS NON TERÁN MÁIS MEDO AOS MONSTROS.
DE AGORA EN DIANTE,OS NOSOS NENOS/AS NON TERÁN MÁIS MEDO AOS MONSTROS.
Ningún comentario:
Publicar un comentario