martes, 17 de marzo de 2026

HOXE VISÍTANOS...PERE TOBARUELA

 

PERE TOBARUELA, visita o Resío da man da Editorial Xerais, para falar co alumnado do quinto curso de primaria sobre o libro de FORMIGAS, MISIÓN SAMAÍN. 


Unha visita na que o alumnado gozou do autor do libro e que puido coñecer de primeira man os sentimentos, e as ideas que lle foron xurdindo a este gran escritor. 

 



 

 Pere agasallounos asinando cada un dos nosos libros, e asinando no libro de visitas ilustres da escola.Nós lle correspondimos agasallándoo coa camiseta do 80 aniversario do cole.

 

 

Moitas grazas por visitarnos! 

luns, 16 de marzo de 2026

EXPERIMENTAMOS: O MILLO SALTARÍN

 

O experimento do millo bailarín!


Nun bote de vidro botamos auga, bicarbonato e uns grans de millo; logo añadimos vinagre e agardamos un pouquiño... 

A maxia apareceu! Os grans de millo comezaron a bailar dentro do bote


 

venres, 13 de marzo de 2026

OBRADOIRO DE RADIO NA ESCOLA con DAMIÁN ALONSO

Hoxe gozamos dun fenomenal obradoiro de radio na escola con Damián Alonso. Comezamos na aula. Alí ensinounos todos os pasos necesarios para elaborar un programa. Nós xa tiñamos algo de experiencia, pero... encantounos!


 

 

Ensinounos como contar historias e contos. Aprendeunos a modular a voz, e traballamos a respiración, a vocalización e como axudarnos do noso corpo para proxectar mellor a nosa voz. 



Partindo de calquera situación somos quen de facer un programa de radio. 

Creamos o guión, eleximos as personaxes, é... en breve gozaredes do programa de radio maquetado.

Grazas por aprendernos tanto! 

xoves, 12 de marzo de 2026

OBRADOIRO CREATIVO: CREAMOS UN MÓBIL MUSICAL

 Durante estas semanas, o alumnado de 2° estivo construíndo un novo instrumento de música. Trátase dun móbil musical elaborado con pasta de cores, que tinguimos na aula. Unha actividade moi relaxante que consegue estimular todos os sentidos.

 





martes, 10 de marzo de 2026

INVESTIGAMOS E CREAMOS

Do interese pola planta do patio naceu esta proposta de vida práctica: lavado de follas.

 Logo xurdiu a necesidade de decorálas con témpera sólida, tamén pintaron as mans, o papel...

 








 

 

luns, 9 de marzo de 2026

CREAMOS COAS FORMAS

 Pintamos figuras xeométricas e formas nun papel, démoslle "pezas soltas" e comezou a combinación!

 





 
 

domingo, 8 de marzo de 2026

CELEBRAMOS O 8M, CELEBRAMOS A IGUALDADE

Con motivo do Día Internacional da Muller (8M), levamos a cabo na escola moitas actividades. Imos contarvos algunhas delas.

No laboratorio das artes e das ciencias desenvolveuse unha actividade moi especial e significativa. O alumnado, organizado en equipos cooperativos, realizou debuxos nos que se puxo en valor o papel da muller na sociedade. A través das súas creacións, quixeron reflectir como as mulleres, xeración tras xeración, se apoian mutuamente na loita por mellorar a súa situación e por recuperar todos aqueles espazos nos que foron discriminadas polo feito de seren mulleres.

A actividade desenvolveuse baixo a dinámica “traballamos a unha man”: cada grupo, formado por cinco alumnos e alumnas, dispoñía unicamente dun rotulador, fomentando así a colaboración, o respecto e a toma de decisións conxunta. Unha vez finalizado o deseño, procederon a colorealo de maneira colaborativa empregando distintos materiais, o que enriqueceu o resultado final.

Durante o proceso creativo, o ambiente estivo acompañado pola escoita de cancións tradicionais relacionadas con esta data, favorecendo a reflexión e a sensibilización arredor da igualdade.

Paralelamente, e coa colaboración das familias, o alumnado levou para a casa un mandil elaborado en cartolina. Nel, debían escoller unha muller galega do seu contorno que realizase traballos coas mans. Podía tratarse da nai, a avoa, unha tía ou unha veciña, dedicada tanto a un oficio tradicional como actual: facer pan, coser, traballar na horta ou no mar, ou desempeñar profesións como directora dun banco, mecánica, futbolista, pintora, xornalista, escritora ou calquera outro labor.

O alumnado debía pegar unha fotografía ou realizar un debuxo da persoa elixida no mandil. Na parte posterior, decorárono de maneira creativa. Posteriormente, todos os mandís uníronse para transformar a entrada do colexio nun gran “tendal” de mulleres importantes para a nosa comunidade educativa, visibilizando así as súas historias e o seu valor.

O máis importante desta actividade foi poñer en valor que se trata de mulleres que realizan tarefas significativas e que nos amosan que todas as persoas podemos chegar a ser o que queiramos.

Grazas á colaboración familiar, o recibidor da escola quedou fermoso.




 Destacar tamén a participación no Concurso da Deputación de Pontevedra co título QUE É A IGUALDADE PARA TI?, onde a rapazada elaborou individualmente un debuxo nos cursos inferiores e nos cursos altos un cómic. 

Sorte !

 E por último informar que participamos noutro concurso de igualdade, neste caso da Consellería de Igualdade,  onde todos e todas tivemos que sacar o mellor de nós para crear unha gran producción. Neste momento non podemos dar máis detalles. Irase informando. 

venres, 6 de marzo de 2026

DO GRAN Á FARIÑA

 Dun pan xurdiu a curiosidade, da curiosidade xurdiu este procesiño: moer grans de millo, observar o cambio, entender de xeito significativo o paso do gran á fariña, probar, cheirar e asustarnos un pouquiño cando o molinillo facía ruído.


 



 

 

ENQUISA PROXECTO LECTURA E ESCRITURA DO ALUMNADO

 Estamos traballando para mellorar a nosa biblioteca e o xeito de traballar nela. Precisamos a túa axuda para que o noso novo Plan de Lectura e Escritura sexa marabilloso. Preme na seguinte ligazón, le con detenemento as preguntas e da resposta a todas elas.

 PLEA

Grazas pola túa axuda.

PICOLINDO

mércores, 4 de marzo de 2026

FACENDO MASA NAI, DÍA 3 DE EXPERIMENTO

 Día 3 do experimento de Masa NAI.


Que sorpresa! Xa apareceron burbullas! Eso quere decir que a masa está fermentando. O seu cheiro é ácido e estamos moi emocionados/as seguindo ó proceso e observando ós cambios.
 
 

Hoxe toca retirar cunha culler un pouco da masa, e engadir a continuación 30 gramos de fariña integral e 30 mililitros de auga morna. Tapamos, e deixamos reposar 24 horas.


Seguirémosvos informando!

 

luns, 2 de marzo de 2026

OS EXPERTOS EN PANADERÍA FAN MASA NAI

 Na etapa de Educación Infantil decidimos xuntarnos para facer masa nai, mesturamos as crianzas das tres aulas en grupos e fixemos a receita.

Todos participamos, botamos nun tarro de vidro 30 gramos de fariña integral e 30 mililitros de auga morna, remexemos e colocamos unha marquiña no bote para observar cómo fermenta e sube o levedo.
Ademáis, na aula de 6° de infantil fixemos un seguimento 
Nós próximos días seguiremos dándolle moito agarimo a nosa masa nai! 🍞🥖🥨


domingo, 1 de marzo de 2026

EXPERIMENTAMOS EN INFANTIL. CHOIVA DE CORES.

 
O que nos gustan a nós os experimentos! A semana pasada pediron unha proposta con cores e hoxe fixemos esta: escuma, auga e colorante alimenticio... Un minutiño e tachánnn!!! Chuvia de cores 💛💙❤️
 

 
A canela é unha opción moi interesante para traballar o olfato e o gusto. Falamos desta especia, da súa orixe, da forma de extracción... Ulimos, saboreamos... E puxemos en común as nosas sensacións.
 
 
 
Logo fixemos un pequeno experimento e observamos qué ocorre cando metemos un dedo nun vaso con auga e canela na superficie, quedaron asombrados cando o dedo saía completamente seco! 🌿