O que nos
gustan a nós os experimentos! A semana pasada pediron unha proposta con
cores e hoxe fixemos esta: escuma, auga e colorante alimenticio... Un
minutiño e tachánnn!!! Chuvia de cores 💛💙❤️
A canela é unha
opción moi interesante para traballar o olfato e o gusto. Falamos desta
especia, da súa orixe, da forma de extracción... Ulimos, saboreamos... E
puxemos en común as nosas sensacións.
Logo fixemos un pequeno
experimento e observamos qué ocorre cando metemos un dedo nun vaso con
auga e canela na superficie, quedaron asombrados cando o dedo saía
completamente seco! 🌿
Ningún comentario:
Publicar un comentario