xoves, 30 de abril de 2026

CONTOS NA LAREIRA CON... IRENE PEÑA

Hoxe tivemos a sorte de contar con Irene Peña, nai de Anxo Expósito, alumno do cuarto curso de primaria, produtora da TVG e primeira participante na actividade CONTOS NA LAREIRA.

 

O alumnado de cuarto curso de primaria puido coñecer de primeira man a colección de revistas escolares Outeiro, que Irene conserva con grande emoción desde a súa etapa escolar.

 

Irene explicoulles como elaboraban a revista: como percorrían o pobo na procura de patrocinadores, conseguindo así financiamento tanto para a publicación como para a súa excursión de fin de curso. Tamén lles falou do proceso de documentación, da redacción dos contidos e da ilusión que poñían en cada exemplar.

Durante a sesión, leu algunhas historias, compartiu chistes recollidos na revista e reflexionou sobre os cambios sociais, sinalando que algúns dos contidos daquela época hoxe xa non terían cabida. Destacou tamén a grande implicación dun mestre ao que lembra con especial agarimo, así como o traballo coas estatísticas e gráficos, primeiro elaborados a man e, máis adiante dixitalizados, coa chegada dos computadores.

Foi unha experiencia interxeracional moi enriquecedora para a rapazada.

A actividade CONTOS NA LAREIRA pretende achegar ao alumnado ás historias dos seus pais, nais, avós e avoas, verdadeiros tesouros que, transmitidos a través da palabra, dan sentido e valor á vida das novas xeracións.





GRAZAS, IRENE!

 

 


Ningún comentario:

Publicar un comentario