Dentro do programa Lectura e Familias, convidámosvos a compartir connosco unha tarde moi especial chea de historias, imaxinación e momentos para lembrar en familia.
Teremos o pracer de gozar dunha sesión de contacontos dirixida ao alumnado de Educación Infantil e de primeiro, segundo, terceiro e cuarto de Educación Primaria, pensada para gozar xuntos, pequenos e maiores.
O contacontos estará a cargo de Olalla González, acompañada polas ilustracións de Marc Taeger, que darán vida a relatos tan coñecidos e queridos como Os chivos chivóns, A verdadeira historia de Carapuchiña Vermella, Aquiles o puntiño e Garabanciño, entre outros.
Será unha oportunidade única para compartir o pracer da lectura, rir, sorprenderse e deixar voar a imaxinación en compañía das vosas fillas e fillos.
Animámosvos a participar e a vivir esta experiencia xuntos! Agardámosvos!


Ningún comentario:
Publicar un comentario