Marc Taeger, ilustrador, e Olalla González, escritora, forman unha parella creativa que leva anos enchendo de cor, humor e tenrura o mundo da literatura infantil. Xuntos crean historias onde a palabra e a imaxe se complementan, e comparten co público unha maneira de contar que esperta curiosidade e imaxinación.
Un dos seus sinais de identidade son as contadas ilustradas: mentres Olalla narra, Marc debuxa en directo, facendo que a historia cobre vida diante das nenas e nenos.
Hoxe, e grazas ao programa de Lectura e familias, tivemos a sorte de contar con eles no Resío. O primeiro que fixeron foi porse de acordo, e logo sacaron os ingredientes da contada: rodeles, libros, lápis de cor, bonecos,... Na contada, puidemos escoitar tres contos: Garabanciño, Un máis e O elefante que perdeu o seu ollo.
![]() |
| Un máis |
![]() |
| O elefante que perdeu o seu ollo |
Para finalizar, o alumnado debuxou e debuxou.
Para a nosa escola esta proposta é moi valiosa porque consideramos que escoitar, mirar, e crear é fundamental no alumnado. Grazas a este proceso a rapazada presta atención, mellora a linguaxe e aprende a expresarse. Con estas actividades buscamos desenvolver o gusto pola lectura que abre espazos onde cada nena e neno pode conectar coa súa propia creatividade.
Grazas por compartir con nós arte e imaxinación. Sodes marabillosos!
Para todos aqueles que non puideron asistir, lle deixamos aquí uns anaquiños da contada.




Ningún comentario:
Publicar un comentario