venres, 17 de abril de 2026

A ESCOLA DO MEL, 5º PRIMARIA. EXPERTOS NA APICULTURA

 O alumnado do quinto curso, selecionou o mundo das abellas. Ao longo do curso desenvolveuse un proceso de investigación na aula, no que o alumnado afondou no coñecemento das abellas: a súa bioloxía (raíña, obreiras e abázcaros), o funcionamento da colmea, o proceso de polinización e a súa importancia para o equilibrio dos ecosistemas. Esta fase estivo marcada pola curiosidade, a sorpresa e o descubrimento, espertando unha actitude de respecto e coidado cara á natureza.

A partir deste coñecemento, o alumnado deu un paso máis alá coa creación da súa propia empresa escolar, “A Escola do Mel”, desenvolvendo unha experiencia real de emprendemento. Organizados de maneira cooperativa, tomaron decisións, repartiron responsabilidades e construíron unha identidade propia, comprendendo o valor do traballo en equipo e da iniciativa persoal.

Un dos elementos máis significativos do proxecto foi a implicación directa do seu titor, Juan, quen achegou os seus propios panais á aula, convertendo a escola nun auténtico espazo de aprendizaxe viva. O alumnado participou no proceso de extracción do mel e na elaboración da cera, vivindo unha grande experiencia sensorial que espertou emocións como a ilusión, o respecto e o orgullo polo traballo realizado. Este contacto directo coa realidade reforzou a aprendizaxe significativa e conectou o coñecemento coa vida real.

Tamén crearon trampas para velutinas, fixeron reconto e gráficas das velutinas que caeron nelas. 

Para finalizar, tamén gozaron dun obradoiro con Nicolás Trunk, de apípolis.

Con todo esto, fixeron a súa exposición. Aquí tedes unha parte dela!


 


Ningún comentario:

Publicar un comentario