BO NADAL!, xa sabedes quen son. Son Perecho e...non me podía perder a festa do cole Rocío. Así que decidín meterme na bolsa da profe Maricruz e miralo todo para contarvos o que aconteceu. Pois, na primeira hora da mañá os nenos/as estiveron nas aulas a esperar que viñera o Carteiro real, pero por mor do mal tempo foi imposible que se poidera achegar, así que a profe deu as cartas aos rapaces para que as enviaran coas súas familias. Que lle imos facer! Namentres esperaban, fixeron unhas tarxetiñas distintivas con debuxos diferentes: uvas, gorros, reno,...que serían os símbolos dos diferentes grupos.
Despois reuníronse todos no comedor e tódolos nenos/as, mesturados por cursos, fóronse xuntando cos profes co distintivo que correspondía. A profe Maricruz era a encargada dos renos da escola. As únicas nenas da clase que lle tocaron á profe foron Sara e Valentina, pois os demais estaban noutros grupos con outras profes.
Despois da xuntanza comezaron a facer o percorrido polos distintos obradoiros.
1ºOBRADOIRO:Elaboración dunha tarxeta de felicitación na aula de plástica.
Esta é Valentina facendo a súa postal con diferentes materiais: cartoliñas, teas, gomets, papel de seda...
Sara fixo o mesmo e quedaron superbonitas. As postais foron repartidas de xeito aleatorio, pois non levan nome, entre tódolos rapaces do cole. A elas tocáronlles unhas tamén moi bonitas.
Eiquí, abaixo, está o grupo dos renos ao completo, na mesa de traballo da aula de plástica.
Este foi o resultado do seu traballo.
De seguido foron á aula da profe Merce, onde estaba ubicado o...
2ºOBRADOIRO: Obradoiro de maquillaxe, onde decidiron que, xa que estaban no grupo dos renos, o mellor era que se maquillaran deles, e así o fixeron. Mirade o resultado.
Primeiro botáronse crema os uns aos outros para que a pintura non fixera estragos na pel, non pique e dure máis tempo.
QUE GUAPA, SARA! |
QUE GUAPO, DANIEL! |
QUE GUAPO, ANDRÉ! |
QUE GUAPO, JULIO! |
QUE GUAPA, LETICIA! |
QUE GUAPA, LAURA! |
QUE GUAPA,YAHIZA! |
QUE GUAPA, LUCÍA! |
QUE GUAPA, CANDELA! |
QUE GUAPA, NOHAYLA! |
CASE NON A RECOÑEZO.É A PROFE MARICRUZ! |
QUE GUAPA, PROFE MERCE! |
QUE DIVER É PERTENCER O GRUPO DOS RENOS! Por qué non nascería neno en vez de trasno? |
Despois achegáronse á aula da profe Olga que esperaba para facer con eles un obradoiro de...
3ºOBRADOIRO: Karaoke-conto. Encantoume este obradoiro, e a profe Olga, como canta tan ben, fíxoo guay, foi algo diferente. Ademais sabía todas as cancións. Como a sá estaba escura, eu aproveitei para estirar un pouco as pernas, pois estábanseme quedando durmidas dentro da bolsa, e mireino todo estupendamente sentado no alto do armario da clase.
Eu non sabía que depois ían tomar chocolate quente con bizcoitos, qué bos! ,no comedor, e que por fin podería mirar ó resto dos nenos/as da profe Maricruz.
Sen que ninguén se decatara probei un pouquiño e collín un bizcoito.
Os nenos/as poideron comer ata 3 ou 4 polo menos e ata repetir o chocolate.
A profe non se decatou de min porque estaba moi atarefada coas mesas e con que a ningún rapaz lle faltara nada, que bos son os profes desta escola que, a pesares das obras e de non poder facer o festival, como tódolos anos, fixeron que fose para os nenos/as un día moi especial.
Despois achegáronse ata a aula Tic onde esperaba a profe Belén para visualizar, no encerado dixital, o conto de "O abeto". Foi precioso.
4ºOBRADOIRO:"O abeto" na aula Tic.
Case choro porque xa sabedes que eu vivo na fraga e non sabía onde levaban as árbores abetos que cortaban. Por favor, non merquedes abetos naturais, mellor de plástico, así non mataremos ningún ser vivo só para gozar vós uns días ó ano .O que ten a profe na aula de 4 anos é de plástico, como ten que ser, por iso son amigo da profe e dos nenos e nenas de 4 anos, porque coidan o planeta cos seus feitos.
5º OBRADOIRO: LOTARÍA na aula de psicomotricidade a cargo do profe de ed. física Fran.
É moi divertido e eu non coñecía nin este xogo nin o profe Fran que é novo na escola. Gustoume. O que pasa e que quedei atrapado dentro do bombo e mareeime. Grazas a Valentina puiden saír e descubríronme, polo que marchei como unha bala a agocharme dentro da bolsa da profe.
Valentina tentándome sacar do Loto. |
Yahiza fixo liña pero non había premio. O mellor, á volta de vacacións, hai algo para ela.
O profe Fran explicando como se xoga. |
Os maiores axudaron ós máis cativos con algúns números complicados para eles. |
E cal sería a miña sorpresa que...,outra vez de volta ao comedor escolar, e...esta vez para que?
Para dar os agasaios aos participantes e gañadores dos contos de medo do Samaín.
E eiquí temos ós nenos/as de 4 anos. Só por participar, xa son gañadores: Brian, Nicolás, Manuel e Noa. Os agasaios foron dados pola profe Cris. Ah! Manu, non é que non poida abrir o ollo e que está todo o tempo chiscando á profe cada vez que lle fai unha foto, é moi ,moi simpático. Cáeme ben Manuel pois é un pouquiño traste coma min. |
E...de súpeto vexo vasos con 12 uvas, badaladas de campás e todo o mundo comendo unha por cada badalada. Que raro!
E abriron unhas botellas dunha cousa que se chama CHAMPÍN e que parece esa bebida que os humanos toman nas festas. E todos /as dábanse apertas e desexabanse un felíz aninovo. Eu non podo amosarme moito porque seguro que me collen para experimentar os científicos, pero deséxovos tamén que o ano que ven sexa estupendo, que eu teña unha fraga onde vivir como é o parque da Bouza, e que poida investigar polo cole novo ás miñas anchas e descubrir tódalas cousas bonitas que fan os meus amiguiños desta escola.
Feliz Aninovo 2011.
PERECHO.
FELIZ 2011 A TÓDOLOS QUE SE INTERESAN POR NÓS VISITANDO O NOSO BLOGUE. ATA O ANO QUE VEN!
O 10 DE XANEIRO, TODOS XUNTOS OUTRA VEZ.
Ningún comentario:
Publicar un comentario