Os nenos de Infantil do colexio Virxe do Rocio estamos a esperar con ansia que veña ás nosas casas o Apalpador. Teremos a precaución de ter a barriguiña chea, non vaia ser que nos deixe sen agasallo.
O Apalpador (tamén coñecido polo nome de Pandigueiro na comarca de Terra de Trives ) é nas zonas do este de Galiza, a figura mítica dun carboeiro que segundo a tradición, baixa a noite do 31 de Nadal a tocar o ventre aos nneos para ver se comeron suficiente durante todo o ano, deixándolles un montón de castañas, as veces algún agasallo e desexandolles un bo Aninovo cheo de felicidade e comida.En realidade é unha figura inventada, un gran bulo que nos din que é popular nas montañas do este de Galiza, ( o Courel, Terra de Trives, o Bierzo), ainda que está tentando extenderse por todo o país.
Canción tradicional
Hoxe é día do Nadal,
ide logo para a camiña
que vai vir o Apalpador.
Hoxe é día do Nadal,
vai neniño para a camiña
que vai vir o Apalpador
a apalparche a barriguiña.
Hoy es el día de Navidad,
dia de Nuestro Señor
id rápido a la camita
que vendrá el Apalpador.
Hoy es el día de Navidad
vete niñito a la camita,
que vendrá el Apalpador
a palparte la barriguita.
Ningún comentario:
Publicar un comentario