xoves, 2 de decembro de 2010

CHEGOU A HORA DA DEMOLICIÓN.

Bos días a todos e a todas!.
Son Picolindo e vouvos contar o que aconteceu onte pasadas as cinco da tarde. Estaba eu tranquilamente, lendo algún dos libros que acabaron de chegar a miña estancia, a biblioteca, e de súpeto... Crash, crash, crash,...!!!!. Un gran rebumbio, fixo que perdese a miña concentración.
Achegueime a ventá e so puiden observar a uns obreiros adecuando o patio, non facían ruido, pois eles xa o fixeran ao longo de toda a mañá. Entón, despraceime ata a aula tic, e a través da xanela, puiden ver unha enorme retroescavadora cunhas inmensas pinzas, achegarse ao local da Anpa do curso pasado e á casa do porteiro vixiante. Desfacía o edificio coma se vós engurrasedes un folio nas vosas mans.
Púxenme mans á obra e decidín colaborar con vós, no voso proxecto, pois sei que este ano estades a utilizar moitísimo as cámaras fotográficas,  collín a cámara dos maiores e fixenvos varias fotografías. Aquí tedes unha mostra de todo o que puiden ver.
Parece mentira que se poida demoler dun xeito tan sinxelo.

Os cascallos despréndense.


Atención nenos e nenas!. Non vos preocupedes!. Seguro que ao longo do día de mañá poderedes ver moitas imaxes como estas, pois toca derrubar o pavillón.




A foto non ten moita calidade pero vale máis que mil verbas.
Por certo, non sei se vos fixastes moito, pero ao longo do día de onte, un señor, máis ben un traballador da empresa encargado da seguridade, rotulou e enfitou todo o recinto.
Ademáis, antes de proceder ao derrubamento, fixeron a reciclaxe dos diversos materiais. Quitaron os vidros e os aluminios das fiestras, as persianas, as portas de madeira, os sanitarios, o tellado, que por conter amianto tiveron que facelo con moito coidado. Este era o aspecto de infantil antes de que lle aconteza o mesmo que a o outro edificio.
Mañá tócavos aos nenos. Ánimo e sorte.

Picolindo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario