xoves, 7 de maio de 2026
sábado, 2 de maio de 2026
A TÚA MAN O TEU ESCUDO
Mestres e alumnado celebran o DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR que se celebra o 2 de maio, cunha iniciativa impulsada por FOANPAS.
Todos e todas coa máscara que levaba por lema A TÚA MAN, O TEU ESCUDO. Logo creamos unha cadea humana ao ritmo de Natalia Jiménez coa canción "Creo en mi". O SILENCIO NON É A SOLUCIÓN.
xoves, 30 de abril de 2026
CONTOS NA LAREIRA CON... IRENE PEÑA
Hoxe tivemos a sorte de contar con Irene Peña, nai de Anxo Expósito, alumno do cuarto curso de primaria, produtora da TVG e primeira participante na actividade CONTOS NA LAREIRA.
O alumnado de cuarto curso de primaria puido coñecer de primeira man a colección de revistas escolares Outeiro, que Irene conserva con grande emoción desde a súa etapa escolar.
Irene explicoulles como elaboraban a revista: como percorrían o pobo na procura de patrocinadores, conseguindo así financiamento tanto para a publicación como para a súa excursión de fin de curso. Tamén lles falou do proceso de documentación, da redacción dos contidos e da ilusión que poñían en cada exemplar.
Durante a sesión, leu algunhas historias, compartiu chistes recollidos na revista e reflexionou sobre os cambios sociais, sinalando que algúns dos contidos daquela época hoxe xa non terían cabida. Destacou tamén a grande implicación dun mestre ao que lembra con especial agarimo, así como o traballo coas estatísticas e gráficos, primeiro elaborados a man e, máis adiante dixitalizados, coa chegada dos computadores.
Foi unha experiencia interxeracional moi enriquecedora para a rapazada.
A actividade CONTOS NA LAREIRA pretende achegar ao alumnado ás historias dos seus pais, nais, avós e avoas, verdadeiros tesouros que, transmitidos a través da palabra, dan sentido e valor á vida das novas xeracións.
![]() |
| GRAZAS, IRENE! |
mércores, 29 de abril de 2026
CONTADA NA ESCOLA CON MARC TAEGER E OLALLA GONZÁLEZ
Marc Taeger, ilustrador, e Olalla González, escritora, forman unha parella creativa que leva anos enchendo de cor, humor e tenrura o mundo da literatura infantil. Xuntos crean historias onde a palabra e a imaxe se complementan, e comparten co público unha maneira de contar que esperta curiosidade e imaxinación.
Un dos seus sinais de identidade son as contadas ilustradas: mentres Olalla narra, Marc debuxa en directo, facendo que a historia cobre vida diante das nenas e nenos.
Hoxe, e grazas ao programa de Lectura e familias, tivemos a sorte de contar con eles no Resío. O primeiro que fixeron foi porse de acordo, e logo sacaron os ingredientes da contada: rodeles, libros, lápis de cor, bonecos,... Na contada, puidemos escoitar tres contos: Garabanciño, Un máis e O elefante que perdeu o seu ollo.
![]() |
| Garabanciño |
![]() |
| Un máis |
![]() |
| O elefante que perdeu o seu ollo |
Para finalizar, o alumnado debuxou e debuxou.
Para a nosa escola esta proposta é moi valiosa porque consideramos que escoitar, mirar, e crear é fundamental no alumnado. Grazas a este proceso a rapazada presta atención, mellora a linguaxe e aprende a expresarse. Con estas actividades buscamos desenvolver o gusto pola lectura que abre espazos onde cada nena e neno pode conectar coa súa propia creatividade.
Grazas por compartir con nós arte e imaxinación. Sodes marabillosos!
Para todos aqueles que non puideron asistir, lle deixamos aquí uns anaquiños da contada.
martes, 28 de abril de 2026
HOXE VISÍTANOS... MARTA VILLAR
luns, 27 de abril de 2026
ENCAIXE DE BOLILLOS

Hoxe tivemos na escola unha visita moi especial: o grupo de palilleiras do CBS Coia achegouse para amosarnos como realizan o seu traballo.
Grazas a Tere e a todo o seu grupo, o alumnado de cuarto curso de Educación Primaria puido aprender como se elaboran eses encaixes tan fermosos que podemos atopar en moitas casas.
Explicáronnos que, para facer bolillos, precisan dunha almofada, pero non dunha calquera das que usamos para durmir, senón dunha especial que elas mesmas elaboran con palla. Trátase dun saco de tea recheo de palla moi compacta, con dúas varas de madeira en cada extremo que permiten apoiala nas cadeiras. Existen almofadas de distintas formas e tamaños e, ademais, hoxe en día non só se empregan as de palla: tamén as hai de rodel e en tres pezas, que permiten levantar a labor.
Gozamos moito vendo como realizaban as súas filigranas. Son verdadeiras marabillas!





domingo, 26 de abril de 2026
sábado, 25 de abril de 2026
CONTOS NA LAREIRA
Dende a escola queremos convidarvos a participar nunha actividade moi especial arredor da nosa lareira. Gustaríanos que viñesedes compartir co alumnado un anaco de vós ou da vosa vida: pode ser un conto da vosa infancia, unha historia relacionada co voso traballo ou simplemente a narración dun conto que vos guste.
Será un momento único para escoitar, aprender e gozar xuntos das historias.
Animádevos a participar!
Para organizar as sesións, podedes poñervos en contacto con nós a través do wasapp e escoller o día que mellor conveña, sempre de 12 a 12.30h.
Moitas grazas pola vosa colaboración.
Un saúdo.
PICOLINDO
venres, 24 de abril de 2026
CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO NO CBS DE COIA
No día de hoxe, o alumnado do quinto curso de primaria saíu da escola cara o CBS de Coia, para celebrar o Día do Libro coas persoas participantes das actividades que se desenvolven neste centro comunitario, facendo unha contada aos maiores.
Dividímonos en dous grupos para abarcar máis actividades:
- Lectura ás clases de Prepilates e ximnasia de mantemento.Logo, a profe permitiulles participar e compartir a actividade con eles.
.jpg)
- Lectura en bailes latinos e baile conxunto e aproveitamos para participar tamén con eles na sesión de baile.
.jpg)
- "Todo desde mi móbil" con lectura dun conto.

- Entrenamento da memoria onde os participantes da actividade lles contaron ao que se dedicaron na súa vida laboral e o que fan nesta clase, a rapazada, leu contos.
xoves, 23 de abril de 2026
BO DÍA DO LIBRO!
Hoxe celebramos na escola o Día do Libro. Tal e como vén sendo habitual, desenvolveremos a actividade de apadriñamento lector onde os "maiores" da escola, len e contan aos máis cativos o conto ou contos que seleccionaron días antes, na biblioteca para este día tan especial.
Ledicia dos padriños e madriñas lectores e lectoras.

Por outra banda, desenvolveuse o concurso de deseño de chapa identificativa. Moitos foron os deseños presentados.
Logo dunha preselección, quedaron como gañadores:
- Brais Augusto Miguelez, deseño da chapa de padriños e madriñas lectoras.
- Breogán Villar, deseño de chapa de afillados e afilladas.
- Lucía Figueiredo, deseño do cartaz da celebración do Día do Libro.

Aproveitaremos tamén para facer entrega dos agasallos do concurso de Cómic e Redacción de Ollo-Man e Picolindo.
Os gañadores:
- Iria Enríquez, narrativa.
- Leo Barbeito, cómic.
- Isabel Diéguez, conto.
- Daniel Fernández, poesía.




















.png)










.png)


