xoves, 5 de maio de 2016
mércores, 4 de maio de 2016
martes, 3 de maio de 2016
luns, 2 de maio de 2016
VI XORNADAS DE EXPERTOS NO ROCÍO
A partires do día de hoxe, desenvolvense novamente na escola as xornadas de expertos. Este é xa o sexto ano consecutivo no que desenvolvemos con estas conferencias o noso proxecto anual.
Nenos e nenas de toda a escola, nas súas aulas especialízanse sobre algún tema, neste curso son as OLIMPÍADAS,
para logo explicar nas conferencias aos demais nenos da escola, a súa investigación.
3 anos: OS SÍMBOLOS OLÍMPICOS
4 anos: XIMNASIA ACROBÁTICA
5 anos: TENISTAS
1º primaria: ATLETISMO
2º primaria: AUGAS ABERTAS
3º primaria: HOCKEY
4º primaria: IUDOKAS
5º primaria: CICLISMO
6º primaria: AUGAS PECHADAS
venres, 29 de abril de 2016
A IGUALDADE NO ROCÍO
ESTE É O COLOFÓN AOS OBRADOIROS DE IGUALDADE
DOS RAPACES E RAPAZAS DE 6º :
UN RAP CON LETRA ESCRITA POR ELES
DOS RAPACES E RAPAZAS DE 6º :
UN RAP CON LETRA ESCRITA POR ELES
luns, 25 de abril de 2016
Titorial de Xadrez
Convocatoria do I TORNEO PICOLÍMPICO DE XADREZ .
Terá lugar na derradeira semana de Maio.
Se queres participar terás que vir pola biblioteca e anotarte co nome completo e curso.
Presentamos un vídeo explicativo do xogo do Xadrez no que @s compañeir@s explican as regras básicas deste deporte .
Xa sabes tes un mes para ir facéndote co xogo !!!
venres, 22 de abril de 2016
CELEBRACIÓN DÍA DO LIBRO 2016
![]() |
| MEDALLA DE OURO |
Achégase o Día Mundial do Libro, o 23 de abril, unha das datas máis significativas de celebración na escola. Coma en anos anteriores, esta conmemoración vense enmarcando polo apadrinamento lector.
Hoxe, despois do tempo de lecer, e por mor do mal tempo, reunímonos todos no ximnasio para conmemoralo.
| MEDALLA DE PRATA |
| MEDALLA DE BRONCE |
| GALARDOADOS |
Primeiro agasallamos aos tres galardoados no concurso de identificadores, e logo tras escoitar a canción dos libros de Pablo Diaz, que utiLizamos tamén no vídeo que vén a continuación, distribuímonos polas distintas estancias da pranta baixa da escola e cadaquén no recuncho que lle petou deleitaronse na lectura dos contos.
GRAZAS A TODOS POLA VOSA PARTICIPACIÓN E ENTUSIASMO!!!
TRABALLANDO NA HORTA
Aproveitando unha melloa no tempo, volvemos ao traballo na horta. Unha das primeiras actividades na horta, foi limpar os bancais de malas herbas. Tivemos que traballar arreo, pero ó final sacamos unha gran cantidade de malas herbas, que foron a parar a composteira para facer compost. Nesta ocasión prantáronse cogombros, cabaciña,tomates, leitugas e porros.
Aquí tedes as fotos de como quedou o noso traballo.
mércores, 20 de abril de 2016
CONCURSO DE IDENTIFICADORES. DIA DO LIBRO 2016
Como ven sendo habitual, neste período do curso temos un maior número de actividades ao redor do LIBRO e o seu mundo.. Estamos no...
MES DO LIBRO
e na escola convocouse o
6º CONCURSO DE DESEÑO DUN DISTINTIVO no que o tema era o Dia do Libro, enmarcado nas OLIMPÍADAS.
No vídeo tedes a mostra da vosa participación.
Grazas familias!!!
Etiquetas:
ANO PICOLÍMPICO,
BIBLIOTECA,
DÍA DO LIBRO,
PLÁSTICA
luns, 4 de abril de 2016
A NOVA HORTA 16
A horta é un medio excelente para potenciar a aprendizaxe do alumnado e espertar o seu interesse pola alimentación sá e saudable.
O contacto coa natureza é unha experiencia moi útil para os nenos, pois é un laboratorio vivo , podendo traballar de xeito trasversal en distintas áreas.
xoves, 31 de marzo de 2016
TÍTERES NA ESCOLA: O ENCANTAMENTO DA NENA
As alumnas do cuarto e sexto curso de Educación Primaria:
- Aroa Arias
- Eva González
- Cynthia Villavarde e,
- Alba Pérez,
GRAZAS POLO VOSO TRABALLO E POLO VOSO ESFORZO!!!
Entrevista a un atleta olímpico: David Gómez
A quinta entrega do noso proxecto anual de Innovación é a seguinte entrevista realizada polos alumnos de 1º de Ed. Primaria. Os nosos xornalistas entrevistaron ao atleta David Gómez, que participou nos Xogos Olímpicos de Athenas e Beijing, na proba atlética de Decathlon.
Despois dunha palestra moi interesante na que todos os alumnos de Primaria coñecemos "desde dentro" como son uns Xogos Olímpicos, os alumnos de 1º quedamos con el para que respondese ás nosas preguntas:
Etiquetas:
ANO PICOLÍMPICO,
BIBLIOTECA,
EDLG,
PROXECTO DE PICOLINDO
venres, 18 de marzo de 2016
PLAN PROXECTA: MONTEENTÉRATE
Como parte do Plan Proxecta "Montentérate", no día de onte, o alumnado do terceiro e cuarto curso de educación primaria, fixeron unha saída didáctica moi interesante. Foron visitar os montes de Matamá, onde coñeceron de primeira man a riqueza patrimonial e natural que ofrecen os montes da nosa cidade. Tamén observamos os distintos usos e aproveitamentos do monte, tanto do presente como do pasado. Fixemos parte do percorrido do sendeiro local Matamá-Comesaña e os lugares que visitamos foron os seguintes:
- a Fraga das Alvorezas.
* Os petróglifos das Millaradas.
Próxima á anterior parada, atopamos os petróglifos das Millaradas. Testemuñas das poboacións neolíticas que habitaron estes montes de Matamá hai arredor de 4000 anos. Os petróglifos son deseños que aparecen gravados nas rochas en moitas zonas de Galicia. Algúns destes deseños son motivos abstractos: coviñas, círculos, liñas... Noutros petróglifos podemos atopar tamén representacións de animais e armas. As tres estacións das Millaradas ofrecen sobre todo motivos abstractos dificiles de interpretar, mais tamén observamos unha rocha na que aparecía un cervo representado. Ten a súa importancia, xa que en todo o concello de Vigo este é o único cervo que aparece nos petroglifos dos montes de Vigo. Non era a mellor hora para ver os petróglifos (o mellor é ir de noite e darlle luz a rentes do chan cun foco) así que para poder revelar os segredos das rochas fixemos un calco sobre un plástico transparente, con moito coidado para non danar a pedra.
* O muíño da Regueira
Deixamos os petróglifos e baixamos máis dun quilómetro ata o lugar de Sanín, no límite de Matamá con Comesaña, onde se atopa o muíño da Regueira. Este muíño estaba feito unha ruína ata que o Colectivo Cultural Alternativo Malaherba e a veciñanza de Matamá se puxeron mans á obra para rehabilitalo. Así, en 2008, o muíño volveu a moer, setenta anos despois. Un deses veciños que participaron na súa reconstrución foi Manuel Costas, que nos estaba agardando no muíño para explicarnos todos os detalles.
* A casa de Manolo
Despois de mostrarnos a todos o muíño e explicarnos cal era o seu funcionamento e o importante papel que desenvolvía nas sociedades de antano, Manolo convidounos á súa casa, onde ten un auténtico museo etnográfico, froito da súa afición a recoller e restaurar aparellos antigos. Na súa casa vimos desde aparellos de labranza (sementadoras, arados,etc), aparellos para os animais (xugos, carros,etc), ferramentas de oficios tradicionais ( zapateiro, ferreiro, canteiro... ) e ata un futbolín de madeira! Tivemos que despedirnos de Manolo antes de puidese mostrarnos todas as cousas que tiña alí, pero así quedamos con ganas de máis e outro día volveremos.
A actividade estivo organizada polo mestre de Educación Física, que a través do proxecto Monteentérate, programou unha andaina de dous kilómetros aproximadamente, na que os rapaces gozaron da natureza e dunha contorna de excelencia.
Nas imaxes podedes descubrir, algunha das cousas que eles viviron.
Se queredes máis información aquí tedes un folleto do sendeiro
martes, 8 de marzo de 2016
8 de marzo DIA INTERNACIONAL DA MULLER
Na escola, celebramos o día 8 de marzo cunha actividade moi especial.
A ANPA
decidiu colaborar coa escola nesta data tan sinalada
e, trouxo á escola
a unhas rapazas
que desenvolveron un contido tan importante coma este
que levaba como títuto
"PINTANDO PRINCESAS".
Participou todo o alumnado da escola,
polo que os obradoiros,
variaron en función
da idade dos nenos.
Etiquetas:
ANPA,
BIBLIOTECA,
DIA INTERNACIONAL DA MULLER,
EDLG,
PLÁSTICA
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


