venres, 22 de abril de 2016

CELEBRACIÓN DÍA DO LIBRO 2016

MEDALLA DE OURO





Achégase o Día Mundial do Libro, o 23 de abril, unha das datas máis significativas de celebración na escola.  Coma en anos anteriores, esta conmemoración vense enmarcando polo apadrinamento lector.
Hoxe, despois do tempo de lecer, e por mor do mal tempo, reunímonos todos no ximnasio para conmemoralo.
MEDALLA DE PRATA
MEDALLA DE BRONCE
GALARDOADOS
Primeiro agasallamos aos tres galardoados no concurso de identificadores, e logo tras escoitar a canción dos libros de Pablo Diaz, que utiLizamos tamén no vídeo que vén a continuación, distribuímonos polas distintas estancias da pranta baixa da escola e cadaquén no recuncho que lle petou deleitaronse na lectura dos contos.

GRAZAS A TODOS POLA VOSA PARTICIPACIÓN E ENTUSIASMO!!!




Ningún comentario:

Publicar un comentario