luns, 17 de outubro de 2022

DÍA DAS ESCRITORAS

 Hoxe é o Día das Escritoras, e na escola o celebramos montando un xogo de corredor ao que titulamos:


FEITICEIRAS DAS LETRAS QUE ALIMENTAN A NOSA IMAXINACIÓN


Hoxe comezamos as actividades de conmemoración do  Día das Escritoras.

Na pota aparecen autoras que pasaron pola nosa escola ou de libros que traballamos, e unha representación da súa obra. O alumnado ten que completar unha folla de rexistro na que aparecen varios títulos buscando autora, editorial, número de rexistro e tejuelo do exemplar da nosa biblio.

O alumnado do terceiro ciclo está deseñando unha presentación sobre cada autora. Animádevos a pasar pola biblioteca e ler algunha das súas obras!

Esperamos que gocedes co xogo!

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario