xoves, 13 de outubro de 2022

CONCURSO DE MICRORRELATOS DE MEDO E MISTERIO


Outro ano máis, as familias teñen a oportunidade de participar no terrorífico Concurso de Microrrelatos de Medo e Misterio que facemos todos os anos cando chega o Samaín.
 
 As diferentes CATEGORÍAS nas que poden participar os vosos relatos son: 
 - AUDIO: Poderán presentarse a esta categoría os microrrelatos gravados nun audio. 
 - VÍDEO: Participarán nesta categoría os relatos que fagan un pequeno relato audiovisual en formato Vídeo.
 NORMAS para os relatos: 
1- Estes terroríficos microrrelatos terán que estar elaborados en Lingua Galega. 
2- O tema ten que ser de medo ou de misterio. 
3- Deben de durar como moito 1 minuto e medio. 
4- Poden realizarse nas modalidades de Audio e de Video. 
5- Cando xa teñades os microrrelatos feitos, tedes que envialos por unha destas canles: 
· E mail: juanlf@colexiorocio.com 
· WhatsApp da nosa escola 658715569 
· Traer á escola nun Pen drive 
6- A data límite para entregar os vosos relatos será o día 24 de outubro ás 23:59h. 
 
O día 28 de outubro teremos a estrea oficial dos microrrelatos finalistas e coñeceremos aos autores destas terroríficas creacións. Haberá uns horribles e monstruosos premios para os finalistas e gañadores das diferentes categorías do concurso. 
Os microrrelatos de misterio e medo serán avaliados tendo en conta os seguintes criterios: 
-A corrección idiomática 
-Os efectos especiais 
-A participación do alumnado 
-A entonación e interpretación 
-A estrutura do relato: inicio, nó, e desenlace. (Non ten que ser necesariamente nesa orde!)
 
 Agardamos a vosa participación!!!
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario