venres, 22 de novembro de 2019

PLAN PROXECTA: A COMPOSTAXE.

Hoxe tivemos a sorte de contar na escola con INÉS; ela foi a monitora do obradoiro de compostaxe. Os mestres inscribironse no Plan Proxecta: Recicla con Sogama, sendo un dos 25 centros seleccionados pola Consellería para participar neste programa.
Coa nosa participación, pretendemos que a recollida do lixo sexa selectiva e que toda a Comunidade Educativa coñeza os tres erres: redución, reutilización e reciclaxe.

Inés  axudounos a comprender o proceso da compostaxe.
Nesta formación inicial, a educadora, explicou ao alumnado a cadea alimentaria, logo,  experimentaron e buscaron miñocas en bandexas de compost, e fixeron  unhas boliñas con sementes para botar polo terreo aló pola primavera. 


Máis tarde, nun momento no que cesou a choiva, saímos á horta para colocar as composteiras. Explicáronnos como se ten que compostar para logo botalo na horta. 



Ningún comentario:

Publicar un comentario