O pasado venres 8, grazas á colaboración económica da ANPA da escola, tivemos a sorte de contar con Diddier, un percusionista que desenvolveu co alumnado do cuarto, quinto e sexto cursos de primaria, dous obradoiros de ECOPERCUSIÓN, con materiais de refugallo. Traballaron os ritmos, e dividíronse en planos sonoros. Tras o ensaio, os alumn@s, dirixidos por Diddier, conformaron unha banda de percusión que ofreceu, como colofón, unha actuación para o resto do alumnado da escola. Isto é música!
Como explicar a actividade é complicado, subimos un par de gravacións coas actuacións.
Ningún comentario:
Publicar un comentario