mércores, 22 de maio de 2024

FACEMOS CERÁMICA COA MAMÁ DE ESTELA E ROI

 Hoxe visitounos Paula, nai dos alumn@s Estela e Roi, para levar a cabo un obradoiro de artesanía. Explicounos como manipula, coce e decora o barro no seu taller de cerámica e a continuación tivemos a oportunidade de experimentar co barro e decorar uns vasiños agasallo de Paula, que posteriormente cocerá no seu forno e traerá rematados.

Moitísimas grazas, Paula, por esta experiencia tan gratificante!. Encantounos!



 

 

luns, 20 de maio de 2024

CELEBRAMOS OS MAIOS E AS LETRAS GALEGAS 2024

 Como vén sendo tradicional na escola, hoxe celebramos conxuntamente  a Festa dos Maios mailo Día das Letras Galegas que este ano dedícase a Luisa Villalta.

A Festa dos Maios é unha festa moi especial que se celebra na nosa terra,  Galicia, sobre todo ao comezo de maio, para celebrar a chegada da primavera. Nesta festa, as persoas decoran figuras feitas con elementos naturais como flores, herbas, follas, e tamén con fiúncho e carrabouxos. Na nosa escola intentamos facelo coma eles, pedindo a colaboración das familias para traer os fiunchos, os pampillos, os ovos, entre moitas cousas. Aproveitando o bo tempo da ponte, as familias trouxeron moitas cousas para que lozan no noso Maio.

 

A estrutura do noso maio, ten forma de pirámide e o alumnado do sexto curso coa axuda da súa mestra titora Begoña, o profe Juan, o mestre Jesús, a profe Ana, o profe Rafa,  entre outros, cubrironno coas herbas e elementos naturais verdes.

Nas aulas dos outros cursos, fixeronse grilandas cos pampillos e flores aportados polas familias. O obxectivo é decorar o noso maio para que se vexa moi fermoso e alegre.

Unha vez montado o maio, cantamos entre tosos as   "coplas dos maios" e tamén desfilamos co maio polo patio da escola. 

 


 

 

 Celebrar os maios é unha maneira de manter vivas as tradicións culturais da nosa terra e tamén é unha oportunidade para ser creativos, traballar en equipo e divertirse moito!

Para rematar a festa, o alumnado do cuarto curso de primaria bailou o "Baile das Fitas" acompañados en directo polo profe Juan tocando a gaita acompañado por Luis Piñeiro, a profe Rebeca tocando o bombo, a profe Ana tocando a Pandeireta e a alumna Alexandra Estevez coas cunchas.


 

 


 

 

Todos eles acompañaronnos con música en directo mentres faciamos o crebacabeas cooperativo de Luisa Villalta e contamos o Himno Galego..




domingo, 19 de maio de 2024

CREAMOS FORMAS

Cuns paus de xeado e uns círculos de velcro,  elaboramos un elemento de xogo moi económico e sinxelo que permitiu ao noso alumnado desenvolver habilidades de enxeñería e pensamento crítico. Divídimos aos rapaces en pequenos grupos de traballo e lles indicamos que constrúan distintas estructuras, esculturas ou pontes. 
Os rapaces tiveron que chegar a acordos, planificar, deseñar e executar as súas creacións que logo presentaron ao gran grupo.




FACEMOS PAPEL RECICLADO

O alumnado do terceiro curso de primaria, xunto coa súa titora, Susana estiveron a elaborar papel reciclado. Para poder facelo precisaron os seguintes materiais:

  • Papel de xornal ou papel usado
  • Auga
  • Batedora
  • Esponxa
  • Marco con pantalla ou malla con colador
  • Unha tina
  • Prensa ou peso.

A rapazada rompeu pepel usado en anacos pequenos e os puxeron nunha tina con auga.



 O deixaron reposar moitas horas para que o papel amolase. Coa batedora, mesturaron todo ata que obtiveron unha masa uniforme.
Verteron a pasta sobre o marco e a estenderon  uniformemente.

 

 Logo drenaron a auga presionando lixeiramente cunha esponxa.

 

Colocaron un pano de cociña sobre a pasta para absorber a auga restante.

 

 

 Finalmente, deixaron secar completamente antes de retirar o papel do marco.

E este é o resultado obtido. 


Neste proxecto traballamos a concienciación ambiental, explicándolle aos cativos  a importancia da reciclaxe e o coidado do medio ambiente. Ademáis desenvolvemos a motricidade fina e a coordinación a través da elaboración do papel.

 A actividade de facer papel reciclado foi moi divertida e gratificante para os nenos e nenas. 




 

mércores, 15 de maio de 2024

CONCURSO : E TI, QUE PENSAS DA IGUALDADE?

 Dende a escola participamos no concurso da Deputación de Pontevedra E ti, que pensas da igualdade?

Un bo traballo de reflexión sobre o que é para nós a igualdade e unha representación en forma de debuxo ou cómic. O sexto curso de primaria participou con poema musicado.

Obtivemos varios premios:

3º premio categoría primeiro ciclo de primaria para:

ANDREA BLANCO CORTÉS


 

3º premio categoría terceiro ciclo de primaria  para: 

LETICIA FERNÁNDEZ MARÍA




1º premio categoría terceiro ciclo de primaria  para: 

IVÁN GAMALLO GÓMEZ


 


2º PREMIO GRUPAL POEMA

GRUPO AULA SEXTO PRIMARIA

 


 

Para rematar a festa, gozamos dun concerto con UXÍA LAMBONA e a BANDA MOLONA.

 

martes, 14 de maio de 2024

PROGRAMA ESPECIAL DÍA DAS LETRAS GALEGAS

  Deixámosvos aquí o programa de Radio Resío do mes de maio, dedicado á celebración das Letras Galegas. Este ano 2024, a autora homenaxeada é Luísa Villalta.

PREME NA IMAXE PARA ESCOITAR O PROGRAMA


 

Aproveitamos para compartir un Genially sobre a autora que nos cede Afundación.

 

venres, 10 de maio de 2024

FALADOIRO SOBRE OS NENOS E NENAS REFUXIADOS

 


Hoxe María, Natalia e Vanesa, viñeron á escola a falarnos sobre cousas que debemos saber dos nenos e nenas refuxiados.

Na escola, no Club de Lectura do libro "Cuando brillan las estrellas"; libro no que os protagonistas son dous nenos que viven nun campo de refuxiados. A súa vida é moi dura, nunca teñen comida suficiencia, o acceso aos médicos non é sinxelopor esto e outras cousas máis, a rapazada sentiu a necesidade de saber máis. A familia Folgar, indicounos que un familiar traballaba na Rede ACOGE, e viñeron a dar un faladoiro moi interesante aos cursos cuarto, quinto e sexto de primaria.

A Rede Acolle é un grupo de persoas que axudan a aqueles que veñen doutros países a vivir en Galicia. Eles axudan aos nenos e ás súas familias a aprender o idioma, a atopar un lugar onde vivir e a facer novos amigos na escola. Así, todos poden sentirse benvidos e felices no seu novo fogar.

Grazas por colaborar con nós!

 

 


TALENTOS

 


xoves, 9 de maio de 2024

HOXE VISITANOS... ANDREA GARCÍA MARTÍNEZ

 

Hoxe tivemos outra fermosa visita: Andrea García Martínez veu falarnos do seu primeiro libro "Animais fantásticos de aldea" da Ed. Xerais. Contounos que o escribiu e ilustrou ela todiño no tempo da Covid. Unha gran escritora, ilustradora e estudante de Deseño de interiores que aos seus 24 anos ten moito por ensinarnos. 

Falamos dos seus protagonistas, animais e humanos, e doutros que poderían ter aparecido na historia. 


Antes de dedicarnos os libros, debuxou algún deles.

Grazas, Andrea. Xa nos tarda a seguinte aventura. 







 

HOXE VISÍTANOS... PAULA CARBALLEIRA




Hoxe tivemos a sorte de contar na nosa escola coa escritora, contacontos e actriz Paula Carballeira. O alumnado do cuarto curso gozou da lectura do seu libro "Somos os monstros" maila súa presenza.  

Moitísimas grazas!


 

 

mércores, 8 de maio de 2024

UN NOVO BRINQUEDO NA ESCOLA

O noso porteiro Carlos fabricou un novo Brinquedo para facernos pensar. Que ben o pasamos xogando en grupo!



 

CLUB DE LECTURA MESTRES E FAMILIAS

 

No Club de Lectura do Resío comentamos as lecturas e falamos da vida...
Hoxe, ademais, estreamos a camiseta do Club, que será a nosa seña de identidade.
Verémonos na próxima lectura, que será o derradeiro título de Juan Tallón "Obra maestra"
Felices e proveitosas lecturas para tod@s!
Puede ser una imagen de 6 persoas e texto

HOXE VISITOUNOS ... JORGE CAMPOS, ILUSTRATECTO

 Hoxe visitounos Jorge Campos, ilustratecto (como se define a si mesmo). Contounos detalles moi divertidos do Capitán Lentella, e ademais, avanzounos alguna cousiña da segunda parte de esta historia. Moitas grazas pola túa visita, Jorge.




 


martes, 7 de maio de 2024

COÑECENDO O RÍO LAGARES

 Hoxe o alumnado do primeiro e segundo curso de primaria fixeron unha saída didáctica para coñecer a súa contorna máis próxima: O río Lagares e a praia de Samil.