venres, 25 de outubro de 2024

24 DE OUTONO, DÍA DA BIBLIOTECA

 

Hoxe, ás 12 da mañá, todos os nenos e nenas, mestres e mestras, xuntámonos no patio de Educación infantil para conmemorar esta data tan importante para a biblioteca.
Alumnado voluntario do sexto curso de primaria levou a cabo unha pequena representación teatral  titulada "Recortes"
O resto do alumnado gozou moito con esta pequena actuación. Picolindo animou a festa e fixo a entrega das mochilas viaxeiras de aula, carnets para os novos usuarios e presentou aos colaboradores da bibliteca mailos participantes dos clubs de lectura.



 
Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro,  unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o propio Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas.
 
O lema deste ano, "Por un futuro sostible", pretende destacar o papel fundamental que desempeñan todas as tipoloxías de bibliotecas (públicas, escolares, universitarias, especializadas e nacionais/rexionais) na consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030.

A biblioteca da nosa escola está ao servizo de tódala comunidade educativa ofrecendo recursos, información e apoio. Abre todas as tardes de 4 a 6, agás os martes. Papá, mamá, avoa,... animaste a abrirla ese día?.
Pola biblioteca pasan todas as nenas e todos os nenos da escola. 
Aquí tedes a guía de uso:


 

 

sábado, 12 de outubro de 2024

O PROGRAMA DO OUTONO. VOLVE... RADÍO RESÍO

 Deixámosvos aquí o primeiro programa de Radio Resío deste curso, no que falaremos das actividades que fixemos desde que comezamos, así como das próximas festas que imos celebrar no cole.

Agardamos que vos guste!!!



 
PREME NA IMAXE PARA ESCOITALO

xoves, 10 de outubro de 2024

VII CONCURSO MICRORRELATOS DE MEDO E DE MISTERIO

Xa estamos no outono e a primeira festa do ano xa se achega: O Samaín! Como todos os anos, convocamos ao alumnado e ás súas familias para que participen no CONCURSO DE MICRORRELATOS DE MEDO E MISTERIO, que este ano fai a súa sétima edición.


As diferentes CATEGORÍAS nas que poden participar os vosos relatos son: 

- AUDIO: Poderán presentarse a esta categoría os microrrelatos gravados nun audio. 

Animámosvos a participar nesta categoría! É moi sinxelo: pensa nun bo tema, escribe o guión e grávate! A túa historia publicaráse nos programas de Radio Resío que se emitan durante este outono.

- VÍDEO: Participarán nesta categoría os relatos que fagan un pequeno relato audiovisual en formato Vídeo.

Fai a túa curta! Móstranos o Alfred Hitchcock que levas dentro. 

Fíxate ben nas normas que hai establecidas para ambas as dúas categorías. Que non quede fóra a túa historia por un pequeno despiste!

NORMAS para os relatos: 

1- Estes pavorosos microrrelatos terán que estar elaborados en Lingua Galega. 

2- O tema ten que ser de medo ou de misterio. 

3- Deben de ter unha duración máxima de DOUS MINUTOS. 

4- Poden realizarse nas modalidades de Audio e de Video. 

5- Tedes que envialos por unha destas canles: 

· E mail: juanlf@colexiorocio.com 

· WhatsApp da nosa escola 658715569 

· Traer á escola nun Pen drive 

6- A data límite para entregar os vosos relatos será o LUNS 28 de outubro ás 23:59h. 


Os microrrelatos de misterio e medo serán avaliados tendo en conta os seguintes criterios

CRITERIOS DE PUNTUACIÓN

-A corrección idiomática 

-A participación do alumnado 

-A entonación e interpretación

-A estrutura do relato: inicio, nó, e desenlace. (Non  ten que ser necesariamente nesa orde!)

-Os efectos especiais


O mércores 30 de outubro teremos a estrea oficial dos microrrelatos finalistas e coñeceremos aos gañadores das diferentes categorías do concurso. 

 

luns, 7 de outubro de 2024

ARTELLANDO NA AULA STEAM CO MAKEY MAKEY

Na aula Steam, é tempo de experimentar e artellar. Imos traballar cos Makey Makey.  


 

 MATERIAL NECESARIO:

  • 1 placa MAKEY MAKEY
  • 1 computador
  • 1 cable de conexión da placa co computador
  • 7 cables clip caimán
  • cable
  • cartón
  • encuadernadores 

Con este proxecto buscamos que o alumnado aprenda a  conectar diferentes materiais que conducen a electricidade grazas a unha placa que contén unha interface moi sinxela.


 

 https://photos.app.goo.gl/pi6SgpmbPQ1VazzP6

O profesorado elaborou un titorial  que seguirá o alumnado   para experimentar diferentes circuítos eléctricos.

Moi interesante a  aprendizaxe en equipos colaborativos!

Máis interesantes os titoriais que elaboraron entre eles para que outros compañeiros poidan experimentar con este material. 

 




 

venres, 4 de outubro de 2024

A DIRECTORA XERAL DE ORDENACIÓN E INNOVACIÓN EDUCATIVA VISITA A NOSA ESCOLA

 Hoxe foi un día moi especial, Judit Fernández, Directora Xeral de Ordenación e innovación educativa visitou a nosa escola para a presentación oficial do programa de Biblioteca creativa, ao que pertencemos dende hai xa moitos cursos. Esta iniciativa busca a iniciación do alumnado no pensamento computacional a través de actividades manipulativas, entre outras, introducindo un espacio de creación e experimentación. O traballo en equipo é primordial.

 Aproveitou para coñecer os nosos proxectos, compartindo unha sesión de traballo na aula Steam, e comprobar como a rapazada domina o traballo cos MAKEY-MAKEY mailo programa de programación SCRATCH.

 

Desenvolvimos uns obradoiros moi divertidos e deunos os parabéns.


 

Tiramos unha foto xuntos e aproveitou para coñecer as nosas instalacións.

Grazas!


luns, 30 de setembro de 2024

OS ARTÍSTAS DO RESÍO


 
 
Na escola O Resío, cada neno e nena é protagonista do seu propio talento. Neste proxecto educativo, os nosos pequenos artistas idearon un escenario único e adornárono cun marco artístico cheo de creatividade.
 
 
No centro dese escenario, debuxáronse como soñan ser: cantantes que iluminan coas súas voces, futbolistas que xogan con paixón, pintores e debuxantes que enchen o papel de vida, patinadores e esquiadores que deslizan cos seus soños, científicos e científicas que exploraron o descoñecido, modistos que deseñaron estilos únicos…

E para dar vida a eses debuxos, transformáronse en arte! Colocáronse no seu escenario e captaron a súa imaxe, igual que se representaran no papel. Porque no Resío, a creatividade non só se debuxa, senón que se vive.

venres, 27 de setembro de 2024

22 SETEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DO MIMO

 Hoxe celebramos na escola o DÍA INTERNACIONAL DO MIMO. Un grupo de cinco alumnas do terceiro curso de primaria interpretou para o resto da escola o contacontos "SED AMIGOS".


 

A iniciativa de celebrar o Día Internacional do Mimo xurde do actor e mimo francés Jean Bernard Laclotte, quen propuxo festexar esta arte cada 22 de setembro en conmemoración á morte de Marcel Marceau.

 

As familias colaboran. Sodes un artístas!



luns, 9 de setembro de 2024

BENVID@S AO CURSO 2024/2025

 Este mércores día 11, voltamos ás aulas. Os mestres estamos preparados, e vos?

Esperamos que vos guste o noso recibimento. Nós pasámolo fenomenal facéndoo!


 

martes, 18 de xuño de 2024

GRADUACIÓNS 2024

 Parabéns a tódolos graduados da escola e mailas súas familias. Medrar é un proceso natural, e na escola estamos orgullosos de todos vós.,  Uns seguides medrando xunto a nós, outros tedes que seguir o voso camiño. Non cambies, sempre estaredes nos nosos corazóns!

Acto de graduación.


 


 


 

Preme na imaxe para ver tódalas do evento



 


venres, 14 de xuño de 2024

TALENTOS



 A semana do 10 ao 14 de xuño, celebramos na escola a segunda edición do Programa Talentos. Unha iniciativa na que os distintos membros da comunidade educativa mostran os seus talentos e nolos descubren a todos.
Este é o programa:

LUNS 10, os videos dos talentos que non poden amosarse en directo.

 

MARTES 11, os primeiros directos.

 MÉRCORES 12, en directo.
 
 
XOVES 13, en directo.
 

 
VENRES 14, en directo.
 


xoves, 13 de xuño de 2024

"Pinky, el duende de la Ilusión"

 Hoxe visitou aos alumnos e alumnas de Educación Infantil e primeiro curso de primaria, Pinky, o trasno da ilusión para contarnos a historia do seu nacemento e aprendernos a historia do seu nacemento e ensinarnos xogos. 


Pinky, un personaxe un pouco despistado contou como acadar pos máxicos.  Pasámolo de marabilla!.

 

Moitas grazas, Candy, avoa de Leo de 4º EI por compartir connosco esta xornada.


 

Grazas familia! 





 

luns, 3 de xuño de 2024

O CLAN DAS FORMIGAS DA TERRA

ALGO CHEGOU ÁS NOSAS MANS

 


INVESTIGAMOS

USAMOLO MICROSCOPIO


 

Na aula de 3°de primaria este curso xa que nos tocou investigar o tema dos seres vivos subterráneos tivemos unhas invitadas de luxo, unha colonia de formigas á que chamamos o clan das formigas da Terra e á súa raíña Atta.  Chegaron a nós nun tubiño estreito e logo pasaron pouco a pouco ao seu novo formigueiro. Dímoslles sementes que ían gardando nas galerías e agora que é a época na que están máis activas tamén comen gammarus, que son pequenos crustáceos. 

Relacionado con esto ademáis fixemos distintos traballos como un caderno de campo, a decoracióm da porta da nosa aula ou uns marcapáxinas moi orixinais. 
As observamos tódolos días e tamén de cando en vez polo microscopio e é alucinante velas, así como aprender da súa vida.
Pasámolo xenial aprendiendo delas.