xoves, 12 de marzo de 2020

RESÓLVESE O MISTERIO

Aló polo 31 de xaneiro, algo acontecía na AULA TIC, unha cinta indicaba que non podiamos pasar e un sinal de obras estaba colgado diante dela. Preguntamos a mestres e pais, pero ninguén nos contaba nada, só que había obras. 
 Alguén nos comentou que os computadores, cadeiras e mesas foran sacados da aula, e parecía verdade, pois todo estaba baixo as escaleiras de primaria.
 O profesorado dicíanos que eles estaban a estudar e a prepararse moito  para poder usar todas as cousas novas que estaban mercando para usar nese aula.
 E por fin chegou o día, na escola apareceron dúas persoas importantes; dunha unha banda, o inspector do cole D. Carlos Antuña,  doutra, o representante da empresa TELENET, D. Jose Pose, que doou á escola 10 robots, para completar o aula.

TEMOS UNHA FERMOSA 
AULA STEM
AGORA SO TEMOS QUE DISFRUTALA!
Nesta aula tamén dispomos dunha radio escolar que agardamos estrear en breve.
Seguiremos informando das novidades desta fermosa aula.


luns, 9 de marzo de 2020

CONCURSO DE RECOLLIDA DE PILAS PILABOT, QUEDAN POUCOS DÍAS

O concurso está a chegar ao seu fin, polo que pedimos que as familias colaboredes co noso proxecto eco-lóxico e traiades todas as pilase acumuladores portátiles  usados que teñades recopiladas pola casa. Considéranse pilas e acumuladores portátiles calquera pila, pila botón, acumulador ou batería que estea precintado, poida portarse coa man e non sexa industrial nin de automóbiles. Teñen esta tipoloxía as pilas botón e estándar e os acumuladores utilizados en calquera aparello presente nos fogares e as oficinas, tales como mandos a distancia, teléfonos móbiles, computadores portátiles, xoguetes eléctricos e electrónicos, ferramentas portátiles, etc.
 Nestes días virán pesar todas as recollidas nas últimas seis semanas.
Animádevos, podemos ser un dos centros gañadores!!!


 

mércores, 4 de marzo de 2020

NOVOS BOOKTUBERS

Co ano novo  Booktubers Novos , aquí van os correspondentes ao mes recén rematado, haberá que tomar nota e ver  de seguir os seus consellos lectores. 
Animáte e recomenda ti algún libro "saboroso".
As nais e pais, avós e avoas tamén poden participar recomendando libros para  adultos e/ou para os nen@s.