Alguén nos comentou que os computadores, cadeiras e mesas foran sacados da aula, e parecía verdade, pois todo estaba baixo as escaleiras de primaria.
O profesorado dicíanos que eles estaban a estudar e a prepararse moito para poder usar todas as cousas novas que estaban mercando para usar nese aula.
E por fin chegou o día, na escola apareceron dúas persoas importantes; dunha unha banda, o inspector do cole D. Carlos Antuña, doutra, o representante da empresa TELENET, D. Jose Pose, que doou á escola 10 robots, para completar o aula.
TEMOS UNHA FERMOSA
AULA STEM,
AGORA SO TEMOS QUE DISFRUTALA!
Nesta aula tamén dispomos dunha radio escolar que agardamos estrear en breve.
Seguiremos informando das novidades desta fermosa aula.
Ningún comentario:
Publicar un comentario