Xa temos aos novos booktubers. Como é abril, esperamos que gocedes con eles.
mércores, 18 de abril de 2018
martes, 17 de abril de 2018
VIII XORNADAS DE EXPERTOS: DA EIRA Á CAPOEIRA.PRIMEIRA EXPOSICIÓN:"OS NOSOS PORCOS CELTAS".
Hoxe deron comezo na escola as novenas xornadas de expertos. O tema a desenvolver é o noso proxecto anual
Inauguraron
as xornadas @s pequen@s de 6º curso de educación infantil que tiñan
como tema
"O NOSO PORCO CELTA".
Levan todo o curso a investigar e especializándose nos
porcos CELTAS e explicaron, coa axuda da súa mestra Maricruz, aos outros nen@s
da escola,a súa investigación.
O programa de conferencias é o que segue:
- 17/14/2018. Porcos Celtas con 6º E.I.
- 18/04/2018. Galiñas con 5º E.I.
- 19/04/2018. Apicultores con 4º E.I.
- 20/04/2018. A corte de 1º E.P.
- 23/04/2018. Árbores froiteiras de 3º E.P.
- 24/04/2018. O pan cos nenos de 2º E.P.
- 25/04/2018. Os xogos tradicionais de 5º E.P.
- 26/04/2018. A terra e os cultivos de 6º E.P.
venres, 13 de abril de 2018
CONCURSO: MAQUETAS EN FAMILIA
GRAZAS!
Grande acollida do concurso de maquetas en familia. No tempo de vacacións foron moitas as familias que decidiron colaborar coa escola na exposición "DA EIRA Á CAPOEIRA".
Entre todos construímos a nosa ESCOLA!
Hai maquetas de todos os tamaños, formas e niveis, pero en todas pasastes un bo rato e gozastes na súa creación.
PACIENCIA ,
IMAXINACIÓN
e
HABILIDADE MANUAL
foron os ingredientes necesarios para que agora todos gocemos coas vosas creacións.
Dunha idea...
moitos modelos.
Aquí tedes as imaxes das 89 maquetas enviadas.
NOVAMENTE... GRAZAS!
Etiquetas:
CONCURSOS,
MAQUETAS,
O PROXECTO DE PICOLINDO,
PLÁSTICA
martes, 20 de marzo de 2018
O ALCALDE TAMÉN CONTA
Encadrada na actividade "Contos na lareira" tivemos hoxe a visita do alcalde de Vigo, D. Abel Caballero Álvarez, que pasou pola nosa lareira para contar ao alumnado antigas historias da cidade e recordos de infancia.
Como avó de tódolos nenos/as (xa que non ten netos), abraiou á rapazada coa historia dos templarios nas Cíes e contou aos máis cativos recordos da súa infancia.
Animou ao alumnado a seguir estudando para medrar como persoas e para poder chegar a ser Alcaldesa / Alcalde da cidade nun futuro.
CHARLA DO ALCALDE COS PEQUENOS.
"RECORDOS DA SÚA INFANCIA"
CHARLA DO ALCALDE COS MAIORES DA ESCOLA.
"HISTORIAS DOS TEMPLARIOS NAS CÍES"
AS PREGUNTAS DOS MÁIS CATIVOS AO ALCALDE
AS IMAXES DO EVENTO
PARA REMATAR, UN AGASALLO AO ALCALDE
PARA REMATAR, UN AGASALLO AO ALCALDE
A canción do videoclip da escola "a capela"
Asinou no libro de visitas de Picolindo
A visita do Alcalde na prensa:
Asinou no libro de visitas de Picolindo
A visita do Alcalde na prensa:
Etiquetas:
ANIMACIÓN LECTORA,
BIBLIOTECA,
O PROXECTO DE PICOLINDO
luns, 19 de marzo de 2018
AVÓS, AVOAS E ROSALÍA
Grazas a todalas familias da escola que participaron na actividade "Contando a Rosalía". Fermoso o mural e marabillosa a actividade levada a cabo polas familias.
xoves, 15 de marzo de 2018
OS TRES PORQUIÑOS E MARÍA JOSÉ
Por fin, chegou a inauguración do recuncho que os mestres da escola prepararon con moito esmero. Dna. MªJosé, a avóa de Clara Silva Frias do quinto curso de Educación Infantil, tivo a honra de estrear a LAREIRA DOS AVÓS. Elexiu un conto precioso, "Os tres porquiños", e a súa neta xunto cos seus compañeiros e compañeiras gozaron dunha fermosa experiencia.
Etiquetas:
ANIMACIÓN LECTORA,
BIBLIOTECA,
EDLG,
PROXECTO DE PICOLINDO
Á PROCURA DE AVÓS E AVOAS
Dentro do noso proxecto anual DA EIRA Á CAPOEIRA, o claustro decide destacar a importancia que tiña a figura dos avós dentro da casa e nas eiras. Por ese motivo dende a escola decidimos dedicarlle un pouco do tempo dos nosos alumn@s a facer unha serie de actividades onde se recoñeza a sua importante labor no proceso educativo dos nosos alumnos e alumnas.
Invitamos aos avós e avoas a visitar a escola, para contarnos historias, aprendernos oficios, cantarnos cantigas ou amosarnos fotos antigas onde nos poidan amosar como era a vida na súa nenez. Queremos que visiten a nosa leira e que nos acompañen na importante viaxe de lembrar a música, os bailes, os xogos e o estilo de vida do seu tempo.
Chamade ou enviade un e-correo, whatsapp (658715569), e concertade co profesorado a hora da vosa visita.
Etiquetas:
ANIMACIÓN LECTORA,
BIBLIOTECA,
O PROXECTO DE PICOLINDO,
OS AVÓS
venres, 9 de marzo de 2018
SESQUINCENTENARIO DE JULES VERNE
Co gallo
da celebración dos 150 anos da publicación de "20000 leguas de viaxe
submarina", o alumnado de sexto de primaria desenvolveu difeentes
actividades tanto dentro da escola como fóra dela.
Investigaron e leron sobre o autor francés, os seus libros e a súa
relación coa nosa cidade.
Visitaron diferentes monumentos dedicados ao autor e maila súa obra,
realizaron un mural, miraron a película (do ano 1954) e organizaron unha
exposición que todos os interesados poden visitar.
xoves, 8 de marzo de 2018
venres, 2 de marzo de 2018
VIDEOCLIP DO ROCÍO
Os nenos e nenas da escola presentan o noso traballo á comunidade educativa dun xeito moi especial.
GÚSTAVOS?
sábado, 24 de febreiro de 2018
HOXE CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA
Hoxe celebramos en todo o país o aniversario de ROSALÍA DE CASTRO.Na escola, encadrada entre o aniversario de Rosalía e o mes da poesía, marzo, acordamos centrar a campaña de posta en valor desa figura, tan familiar e importante para todos:
OS AVÓS E AVOAS
Os nenos e nenas levaron onte un agasallo para eles: recitarlles uns versos de Rosalía de Castro que levan escritos nuns documentos como os de abaixo. Que xeito tan bonito de celebrar un aniversario!
Xa chegan as primeiras imaxes. Algúns teñen que recitalos a través do teléfono, outros de xeito presencial.
domingo, 18 de febreiro de 2018
NO ENTROIDO... FILLOAS
O Entroido rematou, e as nosas familias gozaron deste tempo de descanso facendo un postre tradicional:
AS FILLOAS.
Iremos subindo os vídeos das familias pouco a pouco, e...
comezamos con DORA e familia.
AS FILLOAS.
Iremos subindo os vídeos das familias pouco a pouco, e...
comezamos con DORA e familia.
venres, 9 de febreiro de 2018
PRECIOSO O PASARRÚAS DE ENTROIDO
Estupenda actividade colaborativa de toda a comunidade educativa. O Entroido, é algo máis cunha festa.
O alumnado, logo de días traballando arreo na confección do seu disfrace, e as familias gozaron dun estupendo día, que comezou algo anubrado e con moita poalla, pero tal e como indicaban as prediccións, pasadas ás dez da mañá, deunos tregua para que,
A COLMEA de 4º EI
A CAPOEIRA de 5º EI,
OS NOSOS PORCOS CELTAS de 6º EI
AS VACAS FESTEIRAS de 1º EP
OS BOLOS DO RESÍO de 2º EP
As FROITEIRAS GALEGAS de 3º EP
GRANXEIROS E APEIROS de 4º EP
TROMPOS, PEONS OU BUXAINAS de 5º EP e,
ESPANTAR, ESPANTAREI...de 6º EP
puidesen sair da escola de pasarrúas escoltados pola Policía e mailo meco D. Patacón, que por ser revelde tivo que ser levado tumbado enrriba do coche.
Se queres ver as imaxes do pasarrúas pica no seguinte enlace:
https://photos.app.goo.gl/ D27cmRtvcjTXF4Dz2
Chegando á escola, foi xulgado polas falcatruadas que nos fixo ao longo da semana.
A sentencia: "morrer queimado"
As imaxes de grupo, do xuizo e queima do meco e a degustación das saborosas sobremesas podedes descargalas no seguinte enlace:
https://photos.app.goo.gl/ bS33bnxZUmV9SDZE2
O alumnado, logo de días traballando arreo na confección do seu disfrace, e as familias gozaron dun estupendo día, que comezou algo anubrado e con moita poalla, pero tal e como indicaban as prediccións, pasadas ás dez da mañá, deunos tregua para que,
A COLMEA de 4º EI
A CAPOEIRA de 5º EI,
OS NOSOS PORCOS CELTAS de 6º EI
AS VACAS FESTEIRAS de 1º EP
OS BOLOS DO RESÍO de 2º EP
As FROITEIRAS GALEGAS de 3º EP
GRANXEIROS E APEIROS de 4º EP
TROMPOS, PEONS OU BUXAINAS de 5º EP e,
ESPANTAR, ESPANTAREI...de 6º EP
puidesen sair da escola de pasarrúas escoltados pola Policía e mailo meco D. Patacón, que por ser revelde tivo que ser levado tumbado enrriba do coche.
Se queres ver as imaxes do pasarrúas pica no seguinte enlace:
https://photos.app.goo.gl/
Chegando á escola, foi xulgado polas falcatruadas que nos fixo ao longo da semana.
A sentencia: "morrer queimado"
As imaxes de grupo, do xuizo e queima do meco e a degustación das saborosas sobremesas podedes descargalas no seguinte enlace:
https://photos.app.goo.gl/
Etiquetas:
BIBLIOTECA,
EDLG,
ENTROIDO,
PROXECTO DE PICOLINDO
xoves, 8 de febreiro de 2018
mércores, 7 de febreiro de 2018
OS BOOKTUBERS DE FEBREIRO
Os nosos alumnos e alumnas non paran de ler, encántanlles os libros, e este mes, nos recomendan...
Etiquetas:
ANIMACIÓN LECTORA,
BIBLIOTECA,
BOOKTUBERS,
EDLG
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)















