venres, 2 de febreiro de 2018

DON PATACÓN CHEGA AO ROCÍO

Hoxe, a Comunidade Educativa do Rocío, xuntouse pouco antes das dúas para dar a benvida ao...
Meco Don Patacón


É a figura máis importante do entroido, é o que manda e ordena e... todos debemos obedecer se queremos gozar desta festa tan divertida.
Este luns, un mandil, dos da cociña!

martes, 30 de xaneiro de 2018

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ NO RESÍO

30 DE XANEIRO DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA
 Hoxe martes 30 de xaneiro celebramos o día da Paz. Durante esta semana cada clase coloreou bonecos con mensaxes de paz que tiñan que ver co respecto ás persoas, respecto á naturaleza, as emocións e os sentimentos ou palabras de paz.
Hoxe os empregamos para facer unha cadea de persoas e mensaxes. Os alumnos/as de 6º de primaria recitaron unhas poesías de paz.  


POESÍAS DE PAZ

mércores, 24 de xaneiro de 2018

Liga Escolar de Bádminton

Como continuación á campaña de bádminton que realizou o club RACHAPLUMAS no noso centro o pasado mes de decembro, vaise disputar unha liga escolar de bádminton, na que poden participar todos os alumnos de 3º a 6º da Educación Primaria que o desexen.
Esta competición desenvolveráse unha vez ao mes, comezando o domingo 25 de febreiro, no Pavillón Municipal da ETEA (Avda. Marina Española, s/n, TEIS-Vigo).
Para poderen participar deben encher o impreso de autorización que se adxunta, envialo por ecorreo a cbrachaplumas@yahoo.es e entregar o orixinal o primeiro día da competición na que participen. Este impreso é imprescindible para poder participar e tramitar o seguro deportivo. O custo desta actividade é 0,00 € e o único que teñen que traer á instalación é roupa deportiva e raqueta, se a teñen.

AUTORIZACIÓN PARA PARTICIPAR (Hai que enviala antes do 9 DE FEBREIRO)  

O calendario de xornadas é o seguinte:

        - Domingo 25 de febreiro de 2018.

        - Domingo 18 de marzo de 2018.

        - Domingo 22 de abril de 2018.

        - Domingo 13 de maio de 2018.

        - Domingo 20 de maio de 2018 (Remate)

  Pódese participar nunha, varias ou todas as xornadas.

    - Horario:de 09:30 h. a 14:30 h.

        - A derradeira xornada é posible que se xogue todo o día. 


martes, 23 de xaneiro de 2018

Campionato Provincial de Campo a Través

Finalmente, a nosa escola tan só puido enviar unha representante ao Campionato Provincial de Campo a Través, Olyvia Fernández de 5º de Ed. Primaria, quen realizou unha extraordinaria carreira na que se mediu coas mellores corredoras da provincia de Pontevedra. O resultado foi máis que satisfactorio, xa que competía con xente que se dedica ao atletismo desde hai anos, adestrando varios días á semana. Foi unha grande alegría que a nosa compañeira Olyvia se clasificase no 12º posto da carreira. Unha grande experiencia para a nosa compañeira, que de certo terá os seus froitos en futuros eventos deportivos. 
Parabéns e un enorme aplauso para ela!!!



xoves, 18 de xaneiro de 2018

Xornada de Loita Olímpica

Onte 17 de xaneiro os rapaces e raparigas de 4º de Ed. Primaria fomos ao CUVI  realizar unha xornada de Loita Olímpica. Alí practicamos diversos xogos, xa traballados nas aulas de Ed. Física, nos que nos medimos cos nenos doutros centros cos que compartimos esta actividade: CEIP A Dobrada, CEIP Carballal e o CEIP Sobreira. Foi unha xornada moi intensa, pasámolo xenial!!!

mércores, 17 de xaneiro de 2018

OS BOOKTUBERS DE XANEIRO

Esta iniciativa, que propón Picolindo, fascina a nenos e nenas. É un xeito ameno de compartir os seus gustos lectores entre a comunidade educativa. Gonzalo, o noso mestre de audición e linguaxe, colabora coa nosa mascota e nas súas gravacións difunde as paixóns lectoras do  noso alumnado.
Os booktubers de xaneiro son... !



Campionato Provincial de Campo a Través

Tras a participación do noso centro no Cross Zonal de Zamáns, no mes de novembro, varios dos nosos alumnos conseguiron a clasificación para o Campionato Provincial de Campo a Través, que terá lugar o próximo martes 23 en Portas (Caldas de Reis).

Parabéns para os nosos atletas:
ALEJANDRO FERNÁNDEZ LABAJO (Benxamín Masculino)
OLYVIA FERNÁNDEZ LIM (Alevín Feminino)
NOA GROBA COMESAÑA (Infantil Feminino)

BO TRABALLO RAPACES!!!! 


martes, 9 de xaneiro de 2018

@S BOOKTUBERS EN DECEMBRO

Hoxe presentamos o segundo vídeo do mes de decembro. 

O vindeiro luns 15 de xaneiro volveremos a xuntarnos para gravar mais recomendacións. Achégate a biblioteca e ven contarnos a túa lectura recomendada!!

mércores, 27 de decembro de 2017

FESTIVAL DE NADAL: SEGUNDA PARTE

O alumnado do quinto curso de primaria, axudados polo seu titor Juan, indagaron sobre a orixe do nome das terras nas que se atopa a nosa escola e nos "ensinan" nesta preciosa obra de teatro, a orixe do topónimo.




O alumnado do cuarto curso realizou un exercicio de percusión corporal, 

ACTUACIÓNS NADAL 2017. PRIMEIRA PARTE DO FESTIVAL

Como cada curso escolar, o noso alumnado agasalla ás familias cunha pequena actuación de Nadal. Como son en directo, as veces aparece o medo escénico, pois enfrontarse ao público é cousa de expertos,, por iso, no transcurso  do festival acontecen imprevistos, caída de decorados, esquecemento de textos, ... pero como non, todo resulta estupendo!
Comezamos polos máis cativos, o alumnado de 4º de educación infantil,


 Agora 5º de educación infantil,


 
e finalmente, os maiores da etapa, sexto de educación infantil. 




Primeiro curso de Educación Primaria,


Segundo curso de Educación Primaria,

martes, 26 de decembro de 2017

FESTIVAL DE NADAL

Esperamos que o disfrutárades tanto coma nós. Un bo xeito de finalizar o primeiro trimestre, un Festival de Nadal, no que en equipo acádanse grandes resultados. Deixamos as imaxes nos seguintes enlaces.
https://photos.app.goo.gl/m2Rd3Zc2zTk5Y5Fa2
PREME NA IMAXE E PODERÁS GOZAR DAS FOTOS DA CARTEIRA REAL


https://photos.app.goo.gl/RQDTYI8aEXx54ZL22


PREME NA IMAXE E GOZARÁS DAS IMAXES


https://photos.app.goo.gl/QNlxW83HWldazfRu1

mércores, 20 de decembro de 2017

DEBUXANDO O NADAL

O alumnado da escola, debuxa o Nadal. Os debuxos serven para elaborar a postal de Nadal que se entrega ás familias. O profesorado fai unha preselección e o alumnado vota os debuxos que máis lle gustan. Este curso, esta é a nosa postal: 
O CEIP VIRXE DO ROCÍO 
QUERE DESEXARVOS 
UN BO NADAL
 E 
UN VENTUROSO ANINOVO 
2018 

OS DEBUXOS FENOMENAIS DO NOSO ALUMNADO



UN AGASALLO DE NADAL

venres, 15 de decembro de 2017

COOPERAR E LEMBRAR


No CEIP do Rocío levamos a cooperación a tódolos eidos da vida escolar e por iso a decoración do Nadal foi feita por todos os membros da comunidade escolar; como?
Lembrando o traballo das mulleres galegas que logo de atender horta e animais, dedicaban tempo aos labores do fogar entre os que se atopan todos aqueles que teñen que ver co vestido: tecer, calcetar ou facer labor de gancho.

Así pois toda a comunidade educativa participou na confección dunha fermosa árbore feita de pezas de la confeccionadas a calceta ou labor de gancho.

O resultado é espectacular