martes, 25 de outubro de 2016

QUE GRANDE EXPERIENCIA!!. PINTANDO COAS MANS


ARTE RUPESTRE
Foto:

Non houbo mellor inicio de proxecto que, traballar coa dáctilo pintura ou pintura de dedos. Tódolos nenos e nenas de educación primaria, convertéronse por un día en homes e mulleres da prehistoria, e aprenderon a descubrir o tacto e espertaron a súa creatividade.  Grazas ao contacto coa pintura, os nosos alumnos e alumnas desinhibíronse e expresáronse pintando coas mans, dedas, unllas,...


Foto:

Houbo que protexer moito o laboratorio das artes da escola, e algún manchou a roupa pero gozaron coa actividade na que mamuts, cervos, arcos, frechas, siluetas de mans, petróglifos,... apareceron na obra de cada un deles.

A tarefa era sinxela, so tiñan que observar e debuxar.


Foto:


Tamén tivemos que investigarse existían as pinturas e os pinceis. Claro que non existían, os artistas daquela época tiñan que fabricarse tódolos materiais. Utilizaban carbón, terra, sangue,... e para pintar utilizaban mechóns de pelo dos animais, pero xeralmente, utilizaban as súas mans.
Tódalas pinturas realizadas no interior das covas coñécense polo nome de ARTE RUPESTRE. 
Naquela época os homes e mulleres protexíanse do frío e do ataque das feras en covas. As pinturas localizábanse nas partes máis profundas das cavernas. Nós, tamén fixemos a nosa cova rupestre, nela representamos bisontes, cervos, mamuts, osos e touros.
Por certo, na nosa cova vive a TATARA TATARA AVÓA DE PICOLINDO. Fúchedes a saudala?



Foto:

luns, 24 de outubro de 2016

DÍA DA BIBLIOTECA 2016

Cada año, o día 24 de outubro celébrase o Día da Biblioteca para homenaxear a esta institución cultural imprescindible nos nosos pobos e cidades, e por suposto, para recoñecer a extraordinaria labor que desempeñan os bibliotecarios e bibliotecarias na nosa sociedade, como axentes promotores da cultura en xeral, e da lectura en particular. Esta celebración nace no ano 1997, por iniciativa da Asociación Española de Amigos del Libro Infantil, en lembranza do incendio da Biblioteca de Saraxevo durante o conflito dos Balcáns de 1992. Este ano, as autoras seleccionadas para elaboraren o pregón e o cartel conmemorativo foron Ledicia Costas e Elena Odriozola, Premio Nacional de Literatura Infantil e Ilustración 2015, respectivamente. Neste pequeno fragmento da película de Roald Dahl, podemos descubrir que o interese pola lectura nace en cada un de nós.

 


Hoxe, a nosa mascota Picolindo, fixo unha visita aos nenos e nenas de educación infantil, e lles agasallou cos novos carnets, e levou as mochilas viaxeiras que rodarán polas casas de todos e cada un deles.





mércores, 19 de outubro de 2016

O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR

Os nenos e nenas da escola participaron no programa "O Sabor dá Aventura está no Mar" visitando o porto e a lonxa de Canido, e o Museo do Mar de Vigo. Esta actividade, ofertada dentro do PLAN PROXECTA "ALIMENTA-T BEN", está ofertada pola Xunta de Galicia e é de balde para o alumnado.



Os nenos e nenas NON puideron coñecer na lonxa de Canido o etiquetado do peixe, o sistema de poxa da lonxa, porque a chegada dos barcos retrasouse. O que si puidemos facer foi  dar unha volta polo porto de onde viron as redes, as nasas, o raño e os distintos tipos de embarcacions. 



A media maña disfrutaron dunha merenda mariñeira para despois seguir a visita no Museo do Mar onde visitaron o acuario e a exposición, vendo antigas embarcacions, bateas, coñecendo a salga, a conserva, a carpinteria de ribeira e os arpóns empregados na caza das baleas.

venres, 16 de setembro de 2016

O RECANTO DO CÓMIC.

Grazas a doazón dunha fermosa estantería, este curso escolar quedou inaugurado un novo espazo na biblioteca...
O RECANTO DO CÓMIC
Os andeis indican aos lectores aos que vai dirixido. Os andeis máis baixos, corresponden aos alumnos e alumnas máis cativos da escola e a medida que subimos en andeis, subimos na idade dos lectores recomendada.

mércores, 14 de setembro de 2016

PaseArte polo tempo.... a nova proposta da nosa mascota Picolindo

Picolindo tivo moito tempo este verán, e paseando polas rúas descubriu que VIGO É UNHA CIDADE DE COR. Este proxecto no que a nosa cidade leva incurso dous anos, fixo que a nosa mascota decidise que é tamén tiña que ter un lugar especial.
Fíxadevos!!!!!!

Agora so tedes que adiviñar, onde vai  a conseguir que entre todos fagades esta gran obra de arte.

martes, 13 de setembro de 2016

ROALD DAHL

Resultado de imaxes para roald dalh


Hoxe, 13 de setembro celebramos o 100 aniversario do nacemento de Roald Dahl. Para os que queirades, temos na biblioteca  unha pequena exposición da súa obra. Sobre él, facemos unha pequena exposición co traballo de todos vós. 

luns, 12 de setembro de 2016

BENVID@S TOD@S AO NOVO CURSO ESCOLAR 2016/2017

No presente curso escolar, os nenos e nenas do Rocío, acompañad@s polos seus mestres e familiares convertiranse nuns verdadeiros INVESTIGADOREs das ARTES A TRAVÉS DO TEMPO. Da man da nosa mascota PICOLINDO, volveremos visitar moitos lugares do mundo para achegarnos a... O MUNDO DAS ARTES Viaxaremos no tempo a través da pintura, da escultura, da fotografía, do cómic, da danza, da arquitectura, do cine, do teatro,...

martes, 21 de xuño de 2016

AS PICOLIMPIADAS DO SABER

Fermosa actividade levada a cabo o alumnado de educación primaria que serviu xunto coas Picolimpiadas deportivas para clausurar o noso estupendo ANO PICOLÍMPICO.
Esperamos que os vosos fillos e fillas vos contaran a mañá tan lúdica da que gozaron.

venres, 10 de xuño de 2016

TRABALLAMOS COA EXPERIMENTACIÓN

Os nenos teñen grandes curiosidades, e experimentando e o mellor xeito de aprender. Dende a aula as mestras animaron ao alumnado á realización de experimentos na casa, deste xeito acadamos que consoliden aprendizaxes.
Ademáis aproveitamos para fomentar a súa autoestima, a capacidade de expresarse e comunicarse a través dun medio innovador.




xoves, 9 de xuño de 2016

OS PUBLICISTAS DE QUINTO

Traballada na aula a Publicidade, 
o alumnado de xeito voluntario
 elaborou uns anuncios
 moi televisivos.
SODES UNS ARTISTAS!

A finalidade desta actividade foi acercar aos nenos e nenas aos medios de comunicación dun xeito crítico aos medios de comunicación e fomentar aspectos como a interpretación das imaxes que reciben a través dos medios.