martes, 4 de marzo de 2014

UN BOSQUE ANIMADO CHEO DE PORCOS CELTAS E XOANIÑAS.

Seguindo a temática anual de GALICIA 3 6 5 , os nenos e nenas de EDUCACIÓN INFANTIL, converteronse nun BOSQUE ANIMADO cheo de PORCOS CELTAS e de XOANIÑAS.
O bosque animado é unha película de animación estreada en 2001.Baseada na novela de Wenceslao Fernández Flórez, foi a primeira película de animación 3-D realizada en Europa. Supuxo un grande éxito do audiovisual galego.

Este bosque cheo de carballos, foi o tema elixido polos nenos e nenas de cinco anos.









Os de catro anos son os porcos celtas.





UNHA PRECIOSA MANDA DE PORCOS CELTAS. on PhotoPeach


E os máis cativos, os nenos e nenas de tres anos, son as xoaniñas deste bosque tan fermoso. 


luns, 3 de marzo de 2014

DESPOIS DO PASARRÚAS, XUIZO DO MECO E DEGUSTACIÓN DE SOBREMESAS.

Dona Galiza, a Meco deste ano, decidiu amolarnos ao longo de toda a semana, se gorros, se calcetíns, se castigos,... Tivonos danzando duranate cinco dias e o pasado venres sometémola a XUÍZO. Como Galiza é a nosa nai, non podiamos castigala, polo que a perdoamos e ela permitiunos degustar as filloas e orellas que as familias fixeran para gozar da festa.

martes, 25 de febreiro de 2014

EXPERTOS DE VIGO

O alumnado de 5º de Primaria da nosa escola traballou na Aula Abalar o tratamento da información e a busca en internet. Investigamos en profundidade para desenvolver unha conferencia para os nosos compañeir@s de aula. Con estas tarefas aprendimos a buscar información na web e utilizala para acadar respostas. Traballamos en equipo para desenvolver valores como o compañeirismo e a cooperación. Fixemos documentos de texto usando os ultraportátiles da aula e buscamos vídeos, imaxes ou curiosidades para expoñer na conferencia. Usamos as cámaras de vídeo e reflexionamos xuntos os resultado.
Todo o alumnado amosou responsabilidade e compromiso por unha educación por investigación.
Noraboa rapaces!! Parabéns para todo@s!!

martes, 18 de febreiro de 2014

PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO CURSO 2014/2015.

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS.

Comezado o proceso de admisión do alumnado, SE QUERE VISITAR E COÑECER O CENTRO, ATENDERÉMOL@ ENCANTAD@S:
MARTES, 25 de febreiro, de 16.00 a 18.00h.
MÉRCORES, 26 de febreiro, de 12.00 a 14.00h.
XOVES, 6 de marzo, de 12.00 a 14.00h.
MARTES, 11 de marzo, de 16.00 a 18.00h.

venres, 14 de febreiro de 2014

O BLOGUE DE SEXTO

SABEDES QUE OS NENOS DE SEXTO TEÑEN  UN BLOGUE?
POIS SI!!!  NON O SABIADES?? ANIMÁDEVOS A VISITALO!!
CHAMASE:

AS NOVAS NO BANCO DO ROCÍO


TODO O QUE QUEIRAS ESCRÍBEO NOS COMENTARIOS E NÓS TENTAREMOS PUBLICALO.

PODEDES ATOPANDO BUSCANDO:

-NO BLOGUE DE PICOLINDO: Busca Xornal dixital de 6º
-GOOGLE. (CO NOME DO BLOGUE)
-NA BARRA DE DIRECCIÓNS:  http://claseabalar.blogspot.com.es/

VEMONOS!!!!!!!!!!

ALBA

xoves, 6 de febreiro de 2014

VIDEOCLIP "UN SAÚDO PARALÁ"

Despois da espera... chegou o DIA!!
A estrea do VIDEOCLIP
Todos xuntos visualizamos por primeira vez
SAÚDOS DE PAZ.
Agora chega o momento de compartilo con todos vós. Esperamos os vosos COMENTARIOS!!
Compartide o vídeo, 
participade no noso movemento por unha 
ESCOLA PÚBLICA DE CALIDADE
Por unha escola sen FRONTEIRAS onde aprender sexa UNHA VIAXE EMOCIONANTE
Grazas a colaboración de Santi Julián e Juan Carballo. 
Todos XUNTOS podemos crear unha  
ESCOLA ABERTA O MUNDO

martes, 4 de febreiro de 2014

PROXIMAMENTE

Despois da gravación do baile colaborativo con percusión de vasos do xoves 30 día da PAZ, todos estamos espectantes á espera de ver o noso VIDEOCLIP.
A edición dun vídeo é un traballo lento e preciso que require boas doses de paciencia.  
É preciso visualizar todos os vídeos, traballar o son e elixir os planos creando unha historia que relate o apasionante momento!!
Estamos a traballar na montaxe e
PROXIMAMENTE
celebraremos a
ESTREA DO VIDEOCLIP
 Todos xuntos visualizaremos o VIDEO.
É unha magoa pero esta vez non poderemos invitar as familias. Terán que esperar a estrea na web e nos blogues do centro.
Para que a espera sexa máis levadeira...
deixámosvos un anticipo.
 o MAKING OF
(como se fixo) 
OPINADE
ESCRIBIDE COMENTARIOS
Compartide o voso sentir con nós!!

COMEZA A SEMANA DAS FROITAS.

Hoxe, luns 3 de febreiro comezamos a distribución de froitas na escola.
Gustavos a iniciativa?
Que vos contan os vosos fillos?
Pedimos a vosa colaboración.
A introdución das froitas e verduras en idades tempranas é fundamental.
COMEZAMOS CO...
 MELÓN. 
 

xoves, 30 de xaneiro de 2014

SEMANA DE FROITA NA ESCOLA.


Neste curso 2013/14 continuamos a participar no   Plan de Consumo de Froitas na Escola, que subvencionado con fondos europeos, pretende incidir nos bos hábitos alimentarios de consumo de froitas e verduras dende as pequenas idades dos nosos alumnos/as.
 
 O plan, encadrado nun proxecto a nivel europeo, ten por obxecto familiarizar á totalidade dos escolares co consumo habitual de froita. Ofreceremos a froita durante dúas semanas, unha, a vindeira semana, do 3 ao 7 de febrero, outra do 7 ao 11 de abril, e outra, sen determinar,  ao longo do mes de maio.
 Os nenos, terán  a oportunidade de volver  saborear as froitas no momento do recreo.
 A froita ofrécese á totalidade do alumnado, agás que por motivos de saúde, non sexa recomendable.
 A intención é que os nenos coman a froita en lugar do petisco que habitualmente traen da casa. Por este motivo pregamos que adecuedes as merendas nesas datas. 
Comezaremos con melón, pera, mandarina, mazá e plátano.
 O éxito do plan depende moito da vosa colaboración. 
Os mestres traballaremos aspectos da alimentación, animaremos aos nosos alumn@s, organizaremos actividades de ambientación e traballo en equipo,... E, precisamos, que  as familias  levedes unha alimentación equilibrada e rica en froitas e verduras. Soamente así poderá ter éxito este programa.

venres, 24 de xaneiro de 2014

PARTICIPA


INVITACIÓN
GRAVACIÓN do VÍDEO-CLIP  
“DíA DA PAZ”
O vindeiro XOVES 30 de xaneiro convidamos a todas as familias a celebración do DÍA DA PAZ participando na gravación dun video-clip no que os protagonistas serán todos os alumn@s do centro. Aprenderán, traballando en equipo, o significado da cooperación, o esforzo e a solidariedade. Demostrarán que XUNTOS podemos conseguir moito máis que un só.!!
Non  perdas a oportunidade de compartir esta actividade con nós!!
Poderás participar e descubrir o noso sentir!!... pero esta actividade precisa do cumprimento dalgúns requisitos:

  1. Deberás acudir á escola con vestimenta BRANCA.
  2. Vén sen bolsas nin trebellos. Acude co necesario para poder ter as mans baleiras e bailar con nós!!
  3. Non utilices ningún MEDIO TECNOLÓxICO para gravar ( Móbil, cámara de vídeo, tablet…) Na gravación haberá máis cámaras que recompilarán o momento. Podes vir PARTICIPAR pero NON GRAVAR.

Uns días despois da GRAVACIÓN compartiremos con toda a COMUNIDADE EDUCATIVA o noso videoclip a través da web do centro e todos os blogues activos. COMPARTE a nosa experiencia e OPINA!!
Forma parte do noso compromiso por unha EDUCACIÓN DE CALIDADE.
Para poder controlar a asistencia o evento LE as condicións e CUBRE a nota que enviouse as casas se queres ASISTIR.
Data e hora do evento: 30 DE XANEIRO as 12:30h (Ábrense as portas)
LUGAR: Ximnasio do centro (Acceso para as familias pola porta traseira)
PARTICIPACIÓN NO EVENTO: Cantar e bailar a nosa CANTIGA DE PAZ acompañando o alumnado na coreografía preparada. Participar na elaboración de materiais para ilustrar o festexo (pancartas, globos….) Fala coa ANPA para colaborar con nós. E, por suposto… Axúdanos a rematar o evento cunha morea de aplausos e risas!! Todos gozaremos dun DÍA ESPECIAL!!

venres, 10 de xaneiro de 2014

GALICIA 3 6 5

Estimadas familias, como sabedes este curso escolar estamos a traballar GALICIA 3 6 5. Grazas pola vosa participación na exposición de maquetas. Sen o voso traballo isto non sería posible. 
En breve, pedirémosvos a vosa colaboración para facer un traballo moi bonito que se chamará
 DONA GALIZA. 
Quen será Dona Galiza?
Como será?
O curso pasado coñecimos o noso barrio, Bouzas. Finalizado o curso escolar, fixemos unha guía do barrio onde está a nosa escola. Lembradevos? Quedara así de chula.

domingo, 29 de decembro de 2013

FESTIVAL DE NADAL.

Tras anos de espera retomamos o
 FESTIVAL DE NADAL.
 GRAZAS familias pola vosa asistencia. 
Pensamos que gozastes no mesmo.

Comezamos por Educación Infantil,
unha panxoliña de nadal en inglés e,...
RODOLFO O RENO









 
Seguimos cun conto musical 
protagonizado polos
 nenos de PRIMEIRO. 
O ABETO.




CANTO DE REIS DE FUMASA 
PROTAGONIZADO POLOS NENOS DE...
 SEGUNDO DE PRIMARIA. 



OS NENOS E NENAS DE TERCEIRO
 CANTARON UNHA CANTIGA 
LA VAI UMA 


 


 

PANXOLIÑA EN INGLÉS PRESENTAN OS NENOS DE CUARTO.  
 Os nenos e nenas de quinto, agasallaronnos co
 HIMNO DA ALEGRÍA.
E como non, 
contamos coa presentación dos maiores da escola, os nenos e nenas de 
sexto de E.P.
Velaquí tedes unhas diapositivas coas fotos sacadas ao noso alumnado antes,durante e despois do festival. Esperamos que vos guste, sobretodo aos que non puidestes asistir. O claustro de mestres.

martes, 17 de decembro de 2013

AGASALLO DE NADAL: CALENDARIO 2014

Como vai sendo tradición na escola, polo Nadal agasallamos as familias cun calendario temático. Este ano o tema é GALICIA 365, polo que ao longo dos meses traballamos Os símbolos de Galicia, a gastronomía, a música, o cine, os deportes, a natureza, o Camiño e a Catedral de Santiago, a vendima, a industria, o porco celta, monumentos importantes,...
 

TEMPO DE NADAL.

Chegado o tempo de Nadal, na aula de expresión plástica, ou o laboratorio das artes como a mín me gusta dicir, os nenos da escola estiveron creando a súa particular Postal de Nadal. O traballo foi duro e quedaron verdadeiras obras de arte.
Coma sempre, houbo unha pre-selección, e logo os nenos de educación primaria votaron os debuxos que máis lle gustaron. Estas foron as catro postais gañadoras, un aplauso para elas!.


E estas foron as finalistas.
 

Agora toca  ver todas as feitas polo noso alumnado, agás as dos máis cativos, os de tres anos.



Estupendo!.
 BO NADAL E VENTUROSO 2014.