O pasado sábado 1 de xuño, como remate desta temporada, os nenos e nenas da actividade de balonmán disputamos un partido contra un equipo de pais/nais . Foi un partido moi igualado, de feito houbo que xogar a prórroga para proclamar un campión. Finalmente, gañaron os pais e nais, pola mínima, pero temos fortes sospeitas de que o árbitro estaba comprado. O certo é que o resultado era o de menos, pasámolo moi ben xogando todos xuntos, e seguro que o ano que vén gañan os rapaces.
martes, 4 de xuño de 2013
xoves, 30 de maio de 2013
A ECOPATRULLA AXÚDANOS A COIDAR A AUGA EN GALICIA.
A FUNDACIÓN MAPFRE, AXÚDALLE AOS NENOS A COIDAR A AUGA.
AFORRAR AUGA E EVITAR A CONTAMINACIÓN ERAN OS CONTIDOS PRINCIPAIS.
UNHA ACTIVIDADE ESTUPENDA QUE FIXO GOZAR AO ALUMNADO DE 3º, 4º E 5º DE E.P.
luns, 27 de maio de 2013
VI Torneo de Balonmán na rúa
O domingo 26 a escola de balonmán do Rocío participou no VI Torneo de Balonmán na rúa organizado pola Federación Galega de Balonmán e a Deputación de Pontevedra.
Pasámolo moi ben, xogamos moitos partidos e levamos unha medalla cada un.
Pasámolo moi ben, xogamos moitos partidos e levamos unha medalla cada un.
mércores, 22 de maio de 2013
LETRAS GALEGAS E MAIOS 2013.
O XOVES,16 DE MAIO,VÉSPERA DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS ,TIVEMOS UNHA DOBRE CELEBRACIÓN TRADICIONAL GALEGA:OS MAIOS E O DÍA DAS NOSAS LETRAS ,DEDICADO ESTE ANO A
ROBERTO VIDAL BOLAÑO.
FACENDO O MAIO
Flores, laranxas, ovos... e moita imaxinación. Estes son os ingredientes do noso Maio, e de case tódolos Maios. Grazas á colaboración das familias conseguimos facer un maio que honra un dos costumes tradicionais da nosa terra.
Malia a choiva, fixemos unha festa estupenda, unida ao BAILE DAS FITAS dos nenos e nenas de cuarto curso de Educación Primaria.
Despois sacamos o maio ao xardín, e fomos a completar un libriño elaborado polo Departamento de Normalización Lingüística sobre o máis interesante da vida deste ilustre personaxe.
Para rematar a festa, cantamos o himno galego.
venres, 17 de maio de 2013
CORRELINGUA 2013.
TODO O ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA PARTICIPOU NA ACTIVIDADE
CORRELINGUA 2013.
DESPRAZÁMONOS EN AUTOBÚS ATA O CONCELLO PARA DENDE ALÍ, CO LEMA
"O GALEGO A CHAVE DO MUNDO",
PERCORRER AS DIFERENTES RÚAS DA NOSA CIDADE ATA CHEGAR AO PARQUE DE CASTRELOS ONDE NOS ESPERABA UNHA SABOROSA MAZÁ E UNHA ANIMACIÓN. CAMIÑAMOS POLA NOSA LINGUA.
luns, 13 de maio de 2013
FINALISTA NO CONCURSO ¿QUÉ ES UN REY PARA TI?
JESÚS ANDRÉS OLIVEIRA,
alumno do sexto curso de educación primaria é un dos finalistas do
32º CONCURSO ESCOLAR
¿QUÉ ES UN REY PARA TI?
PARABÉNS!!!
mércores, 8 de maio de 2013
ACHEGANSE OS MAIOS. DECORAMOS OVOS NA CASA.
Decorar ovos de Pascua non é unha tradición nosa pero grazas ao contacto con outras culturas, o que chamamos interculturalidade, podemos facer disto algo noso. É unha actividade moi divertida para facer cos nosos fillos e fillas. É moi sinxelo e os nosos cativos sintense moi orgullosos do seu traballo.
Os ovos quedaron chulísimos e o maio vai a estar moi engalanado.
Aquí tedes o traballo de moitos nenos e nenas da escola.
GRAZAS!
luns, 6 de maio de 2013
A NOSA HORTA MEDRA.
Comezamos a observar os cambios na nosa horta. As froiteiras xa teñen follas, as ervellas xa saíron e os xirasoles tamén. A planta dos amorodos xa ten flor. Regamos e agardamos a que o sol faga o seu traballo. As tomateiras comezan a medrar e a planta dos pementos o mesmo. Hoxe tocoulle a quenda ás cabazas e ao millo.
Os nenos de primeiro e segundo xa somos expertos labregos.
UN PARQUE BOTÁNICO PRETO DA ESCOLA.
O pasado venres día 3 os nenos e nenas do primeiro ciclo fixeron unha visita á Fundación Sales. A visita foi moi interesante. Aquí podedes ver o que fixemos.
xoves, 2 de maio de 2013
O ECO DO ROCÍO.
Con esta actividade os nenos e nenas traballaron o xornal, sobre todo, dúas seccións moi relacionadas cos proxectos que se están a levar a cabo na escola: Bouzas e 12 meses 12 paisaxes. Neste traballo a colaboración das familias foi fundamental.
Grazas.
Etiquetas:
1º CICLO,
2º CICLO,
3º CICLO,
BIBLIOTECA,
PLAN PROXECTA,
PROXECTO BOUZAS,
SEMANA DA PRENSA
XOGAMOS A PLANTAR E SEMENTAR. APRENDEMOS A PLANTAR E SEMENTAR.
Continuando co noso proxecto medioambiental, seguimos a facer a horta da nosa escola. Papás, tal e como vos contabamos esoutro día xa distribuímos o espazo, calculamos as dimensións dos bancais, angazamos,...
Tamén plantamos árbores froiteiras, bulbos, sementes e plantas. O lugar non o tivemos que buscar, xa que o patio da escola nolo deixa pero si que o acondicionamos. Agora xa temos auga, o que nos permite utilizar as mangueiras para regar. De tódolos xeitos ata o de agora non nos fixera moita falla pois leva chovido tanto que non era preciso o rego da horta. Agora si, coa chegada do sol e as agradables temperaturas, xa temos que facer quendas de rego.
Parece que o emprazamento non está mal, pois a partir de media mañá xa lle dá o sol e polas tardes tamén. Xa temos unha composteira para poder estercar a horta,... é o máis importante tódalas árbores froiteiras xa teñen gromos, follas e algunha, flores. A profe dí que agora toca o máis importante da horta OBSERVAR. Dí que temos que observar as plantas, tentar que non lles falte auga, que non lles afecte ningunha enfermidade. A verdade é que ten razón, as plantas dos amorodos xa teñen flor, e as sementes de ervellas xa xerminaron e saíron unhas pequenas plantas das sementes de xirasol.
Agora observade o noso traballo e xa vos iremos informando da evolución da nosa horta.
Etiquetas:
1º CICLO,
2º CICLO,
3º CICLO,
PLAN PROXECTA,
PLÁSTICA
mércores, 1 de maio de 2013
EN ABRIL, LIBROS MIL.
Benqueridas famillias, o mes que hoxe remata, ABRIL, é o mes dos libros e como noutros cursos, neste período do ano temos un maior número de actividades ao redor do LIBRO e o seu mundo. Entre outras cousas...
Concurso de creación e ilustración de LENDAS DE AMOR.
Visita da autora e ilustradora VIOLETA MONREAL.
Recitación e agasallo de poesías entre os membros da comunidade escolar.
4º Concurso de deseño dun Autocolante no que o lema foi ." DÍA DO LIBRO 2013" encadrado en BOUZAS.
Actividade de madriñas e padriños lectores e lectoras. Os nenos maiores len un conto aos máis cativos da escola.
Visita do contacontos profesional IGNACIO VILARIÑO.
Visita do autor de poesía, narrativa e xornalismo FRAN ALONSO, posuidor de diversos premios literarios coma a distinción do White Ravens de " A casa de luna", o Premio Neira Vilas ao mellor libro do ano "A araña e máis eu", o premio Rañolas de poesía ao seu libro "Cidades" e tantos outros...
Visita de ANXO FARIÑA , ilustrador, escritor e deseñador de libros infantís e xuvenís, posuidor do Premio Merlín 2011 pola súa novela "A chave da Atlántida", autor, entre outras obras da afamada serie dos Megatoxos.
E como abril resultou moi curto deixamos adiadas para o mes de maio as seguintes actividades:
Visita da mascota que máis fans ten no colexio: PUPI. Animación a cargo de MANUEL SOLLA que tamén fará unha animación sobre o libro "De chico a chica".
Conferencias dos "Expertos na VILA DE BOUZAS nas que cada curso explica a súa maneira ao resto do colexio o aspecto de BOUZAS no que é especialista.
martes, 30 de abril de 2013
COÑECENDO BOUZAS. SEGUNDA SEMANA. BOUZAS E OS SEUS ESPAZOS ABERTOS.
Estamos na segunda das catro semanas
que vai durar esta actividade e aproveitando que todos os grupos de primaria fixeron un roteiro por Bouzas, PICOLINDO ofrécevos a posibilidade de investigar, buscar, descubrir as resposta ás súas
preguntas . Esta fin de semana estivo a
entreterse paseando polos espazos abertos de Bouzas. Continúa a convidarvos a pasear e descubrir cousas marabillosas. Aquí tedes a segunda rolda con quince probas.
Collede a papeleta na escola e en familia gozade e aprendede, paseade e divertídevos!!!.
Estas son as probas:
Etiquetas:
BIBLIOTECA,
CONCURSOS,
PROXECTO BOUZAS,
PROXECTO DE PICOLINDO
domingo, 28 de abril de 2013
ROTEIRO POR BOUZAS SEGUNDO E TERCEIRO CICLO DE PRIMARIA.
Grazas a inestimable e gratuíta colaboración da ASOCIACIÓN VECIÑAL EDUARDO CHAO coa nosa escola, poidemos darlle un toque de calidade ao noso mergullo na vila de Bouzas. Foi unha ruta cultural dunha hora e media de duración que resultou moi interesante e que nos permitiu gozar dun anaco da historia de Bouzas. No roteiro
realizamos unha ruta peonil a través do casco antigo, centrándonos
nos puntos máis salientables do mesmo.
- Igrexa S. Miguel de Bouzas
- Casa do Patín
- AAVV Bouzas
- Casa de Lira
- Capela do Carme
- Alameda
- Cruceiro Vello
- Xardíns de D .José Casás
- Monumento a Eduardo Cabello
- Asociación de Mariñeiros Artesanais e Deportivos de S. Miguel de Bouzas
- Praia do Adro.
Etiquetas:
1º CICLO,
2º CICLO,
3º CICLO,
PROXECTO BOUZAS,
PROXECTO DE PICOLINDO
martes, 23 de abril de 2013
DIA DO LIBRO 2013
Hoxe, 23 de abril
celebramos na escola o DIA DO LIBRO.
Esta conmemoración lémbrase cunha actividade preciosa
que facemos dende hai anos. Todos estamos á espera desta lectura que gusta tanto a pequenos como maiores.
Mira as imaxes da nosa homenaxe!!
Pero antes de realizar esta actividade, tivemos que facer moitos preparativos. Comezamos por un Concurso de Autocolantes no que participaron moitos nenos e nenas da escola. Houbo dez finalistas e tan só un gañador que adornou as camisetas de todos os padriños, madriñas, afillados e afilladas.
Todos os participantes recibirán PIKEUROS para o noso MERCADO DE OCASIÓN.
GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN, SEN VÓS NADA DISTO SERÍA POSIBLE!!!
Etiquetas:
BIBLIOTECA,
CONCURSOS,
DÍA DO LIBRO,
PROXECTO BOUZAS
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)















