martes, 9 de abril de 2013

COÑECENDO BOUZAS.



Comeza o xogo!!

 Estamos na primeira das catro semanas que durará esta actividade. Investiga, busca, descubre e resposta as preguntas da nosa mascota PICOLINDO. Esta fin de semana estivo a entreterse paseando por Bouzas e ao longo desta semana convídavos, coa chegada do sol, a pasear e descubrir cousas marabillosas. Aquí tedes a primeira tanda con  catorce probas.:                                                        O PASEO DOS PEIXES.
Collede a papeleta na escola e en familia gozade e aprendede, paseade e divertídevos. 
Estas son as probas:











 

FONTES  PARA ATOPAR AS SOLUCIÓNS 

A principal fonte de información é o propio paseo.
Ler as placas que acompañan ás esculturas.
Se non podes ir pasear a Bouzas, recomendámosche que busques as respostas nas seguintes páxinas:



Ademáis, aquí temos un roteiro por Bouzas feito polo profe Juan.









xoves, 4 de abril de 2013

DEBUXAMOS A REPOBOACIÓN DE ÁRBORES.


A actividade de repoboación arbórea na nosa escola e na contorna é vista de diferente xeito por cada un dos nosos alumnos e  alumnas. Unha actividade moi interesante que obtivo unhas grandes...
 OBRAS DE ARTE.
 GRAZAS NENOS E NENAS POLO VOSO TRABALLO.
SODES  UNS ARTISTAS.

PLAN PROXECTA: DOCE MESES, DOCE PAISAXES. OBXECTIVO: REPOBOAR A NOSA ESCOLA, REPOBOAR A AVENIDA DE CASTELAO.

Todos os alumnos e alumnas de educación primaria da nosa escola, celebraron dúas xornadas de clase en contacto directo coa natureza, coincidindo case en tempo coa celebración do DÍA DA ÁRBORE. Dende a escola pensamos que é unha boa maneira de que os alumnos e alumnas aprecien a natureza que os arrodea na nosa cidade, e en concreto na súa escola, é participando activamente na plantación. 






 Coa construción da nosa escola perdéronse tódalas árbores froiteiras existentes, polo que: mans á obra, comezamos a facer as divisións no terreo no que temos que facer a plantación.




 Plantamos oito árbores( un limoeiro, unha pereira, unha maceira, unha cerdeira, un granado, un fatoneiro, unha ameixeira e unha árbore que de kakis). Tamén plantamos oito arbustos, e comezamos a preparar uns bancales nos que xa plantamos, amorodos, pementos, tomates, leitugas, ... Na entrada principal replantamos céspede e colaboramos coa replantación da Avenida de Castelao. Esta actividade consistiu en desprazarse ata o Pavillon de Coia onde íamos plantar en grupos de tres distintas especies de árbores. Como a climatoloxía non nos acompañou, dentro do pavillón se ultimaron os preparativos para simular a mesma. Nenos e nenas de outras escolas da contorna tamén participaban neste proxecto. Os nenos e nenas acompañados polos seus mestres escoitaron as explicacións que nos deu a coordinadora do proxecto, e ao Alcalde que convidou aos nenos a coidar, protexer a masa arbórea que nos rodea. Esta xornada rematou co agasallo dun camelio a cada alumn@, unha pá para cada aula como recordo da participación no programa e a degustación dun chocolate quente. Cando mellore o tempo, prometen convidarnos a facer a verdadeira plantación. Por se  non é así, nos xa a  fixemos a nosa na escola.

UN BO XEITO DE CELEBRAR A CHEGADA DA ...

PRIMAVERA.

mércores, 3 de abril de 2013

PLAN DE CONSUMO DE FROITA NA ESCOLA.

 



Neste curso 2012/13  incorporamonos ao Plan de Consumo de Froitas na Escola, que subvencionado con fondos europeos, pretende incidir nos bos hábitos alimentarios de consumo de froitas e verduras dende as pequenas idades dos nosos alumnos/as.
O plan, englobado nun proxecto a nivel europeo, ten por obxecto familiarizar á totalidade dos escolares co consumo habitual de froita. De momento ofreceremos a froita durante dúas semanas, unha foi a principios de marzo e agora, a vindeira semana teremos a oportunidade de volver a saborear as froitas no momento do recreo. A froita ofrécese á totalidade do alumnado, agás que por motivos de saúde non sexa recomendable. A intención é que os nenos coman a froita en lugar do bocata que habitualmente traen da casa. Por este motivo pregamos que adecuedes as merendas do 8 ao 13 de abril.
O éxito do plan depende moito da vosa colaboración. Os mestres traballaremos aspectos da alimentación, animaremos aos nosos alumn@s, organizaremos actividades de ambientación e traballo en equipo,... E as familias precisamos que levedes unha alimentación equilibrada e rica en froitas e verduras. Soamente así poderá ter éxito este programa.



EN TEMPO DE CRISE...

De novo unha suxestión de actividades, de balde ou moi económicas, para facer cos rapaces/as

http://www.vigolowcost.com/2013/04/02/actividades-infantiles-para-el-mes-de-abril/


  Dadas as datas, especialmente recomendable a     actividade familiar  sobre  A Reconquista  
                        no C.C. Gran Vía...

martes, 2 de abril de 2013

ROTEIRO POR BOUZAS.



 Para completar o noso proxecto anual de centro, os nenos e nenas do primeiro ciclo de eduación primaria fixeron unha saída ao barrio de Bouzas. Esta saída foi realizada o pasado mes de marzo.Saimos do Centro de ensino público de Educación Infantil e Primaria VIRXE DO ROCÍO, baixando pola Rúa Rocío, e adentrándonos na Praza do Encontro. Logo visitamos a Alameda Suárez-Llanos adicada a Luis Suarez-Llanos Menacho, alcalde de Vigo durante o franquismo, de 1938 a 1949. O espazo da alameda foi xa delimitado no apeo do bispo Torquemada no ano 1565. Logo paseamos pola Rúa Pescadores, xurdida a raíz do apeo de 1565. Na delimitación do "Campo de Redes", a actual alameda, destinouse parte del a hortas e leiras, deixando sinalada unha nova rúa, a rúa Pescadores, ...Pasamos ao caron do Mercado Municipal de Bouzas, Rúa Eduardo Cabello, Rúa San Miguel,Rúa dos Alfolíns, Pérgola de Jenaro de la Fuente, Igrexa de Bouza,Recheo de Bouzas,Casa do Patín, para rematar o roteiro na praia de Bouzas, onde puxemos luvas e mans a obra,  realizamos unha gran limpeza. 

Foi unha visita moi interesante, moitos nenos descoñecían algún dos lugares polos que pasamos. Nas vindeiras datas baixaremos cos nenos e nenas do segundo e do terceiro ciclo.

luns, 1 de abril de 2013

EN TEMPO DE CRISE...

De novo unha suxestión de actividades, de balde ou moi económicas, para facer cos rapaces/as

http://www.vigolowcost.com/2013/04/02/actividades-infantiles-para-el-mes-de-abril/


  Dadas as datas, especialmente recomendable a     actividade familiar  sobre  A Reconquista  
                        no C.C. Gran Vía...

venres, 22 de marzo de 2013

QUE FACER NAS VACACIÓNS?

AQUÍ QUEDA UNHA SUXESTIÓN...


      http://www.vigolowcost.com/tag/actividades-infantiles-en-vigo

Son actividades variadas que se poden facer cos nen@s en Vigo e arredores, por moi poucos cartos... 

luns, 18 de marzo de 2013

AOS HOMES MÁIS IMPORTANTES PARA OS NEN@S DE 3 ANOS.

SE QUEREDES VER A PEQUENA HOMENAXE QUE LLE FIXEMOS AOS HOMES MÁIS IMPORTANTES DA NOSA VIDA,OS NEN@S DE 3 ANOS,PREMEDE NA FOTO.
MOITAS FELICITACIÓNS!
TÍ O MERECES.

venres, 15 de marzo de 2013

AVISO


RECÓRDASE AO TÓDOLO@S PAIS/NAIS/ TITORES/AS DE ALUMN@S DE PRIMARIA QUE O VINDEIRO MARTES 19 TERÁ LUGAR A ENTREGA DOS BOLETÍNS DE CUALIFICACIÓNS, CORRESPONDENTES Á 2ª AVALIACIÓN, SEGUNDO AS INSTRUCIÓNS DADAS POLAS DIFERENTES TITORAS/ES. 






MIL GRAZAS POLO VOSO ESFORZO,FAMILIAS.


O PROFESORADO E OS NENOS/AS DO CEIP"VIRXE DO ROCIO".

xoves, 7 de marzo de 2013

8 de marzo: DIA DAS MULLERES

Preme na imaxe e descubre moitísimos recursos
para conmemorar "O día das mulleres"
Grazas ao traballo do CPI Progreso