Hoxe desenvolvemos un obradoiro de cerámica no centro, unha experiencia compartida por todo o alumnado dende cuarto de infantil ata sexto de primaria ao longo da mañá. Para impartir este obradoiro, contamos coa inestimable axuda da ceramista Paula Ojea, maila súa nai Teté.
 |
| Estirando a arxila cun rolo |
Paula, trouxo arxila branca e explicou como traballala correctamente. En primeiro lugar, o alumnado aprendeu a estirar a arxila empregando un rolo, aplicando unha presión suave e uniforme ata conseguir unha superficie lisa e cun grosor semellante en toda a peza. Unha vez estirada,como o tempo non era moito, ela mesma trouzo xa estirada a arxila, utilizouse un troquel de 12x12 para cortar as formas, creando así pequenos azulexos.
 |
| Troquel |
 |
| Cores utilizadas |
 |
| Facendo azulexos cun troquel |
 |
| Azulexos |
 |
| Modelando |
 |
| Usamos as mans para modelar |
A
partir de aí, comezou o proceso máis creativo: mentres uns elaboraban
azulexos, outros, coa mesma arxila, modelaban coas súas mans diferentes
elementos e personaxes máxicos. Así foron xurdindo coellos, variñas,
arcos da vella, balóns, sorrisos, bruxas e magos, entre outras
creacións, todas pensadas para decorar a parede situada a carón do banco
onde suceden cousas máxicas: un espazo destinado a resolver conflitos
no patio, favorecendo o diálogo e a convivencia durante o tempo de
lecer.
 |
| Pegando as figuriñas con Barrotina |
Para dar unidade ao conxunto, todas as pezas foron pintadas con tres cores comúns: amarelo, azul e laranxa, creando unha harmonía visual no resultado final.
.jpg)
O alumnado de quinto e sexto curso asumiu unha tarefa moi especial: a elaboración das letras do texto “O BANCO ONDE PASAN COUSAS MÁXICAS”. Recortaron as plantillas, cortaron as letras na arxila coa axuda dun cúter.
 |
| Cortando as letras |
Despois, dedicáronse a alisar a superficie, empregando as mans e un pouco de auga para eliminar gretas e imperfeccións, conseguindo un acabado máis coidado.
Finalmente, pintáronas cun azul intenso. Entre todos e todas, fomos montando o texto, dando forma ao mural xa prediseñado por Paula.
 |
| Pintando as letras |
Agora comeza o tempo de espera. Paula, xunto coa súa nai Teté, levaron todas as pezas ao forno do seu obrador, onde serán abiscoitadas a máis de 900º, barnizadas e cocidas de novo para acadar o seu acabado definitivo.
O resultado no Laboratorio das Artes promete ser fermoso, pero sobre todo será unha obra chea de significado: un traballo colectivo que reflicte a creatividade do alumnado e o valor da convivencia, convertendo a arte nunha ferramenta para aprender a escoitar, respectar e resolver xuntos.
 |
| O deseño final |
Ningún comentario:
Publicar un comentario