sábado, 18 de febreiro de 2023

FESTA DE ENTROIDO NO RESIO, UN ENTROIDO INTERCENTROS MOI INCLUSIVO


 Entroido, festa tradicional con grande arraigo na nosa escola. Entroido, provén do termo latino entroitus que significa entrada ou comezo da primavera. Pola calor que pasamos no pasarrúas parecía que xa estabamos nela.

 Na nosa escola mantemos este costume e contamos cun carnaval moi vistoso. 

 

O pasado venres fixemos a entronización do meco, o MONSTRO COMELIBROS, que ao longo da semana non fixo máis que dar mandadiños, e aliouse cos Merdeiros, os malos do Carnaval de Vigo, e atemoroizou a mestres e rapaces ao longo da semana.

Os merdeiros son a figura tradicional do entroido da nosa cidade tamén foron os malos na nosa escola e castigaron a todos aqueles que coas non fixeron caso ás ordes do Sr. Meco.




Deixamos voar a nosa imaxinación e cada curso, relacionado coa temática do proxecto interdisciplinar anual, elaborou o seu disfraz e entre todos fixemos da nosa escola maila súa contorna unha gran festa.

 4º EI. AS PICTO ABELLAS. OS PICTOGRAMAS

 

5º EI. LÁPIS E PAPEL. INSTRUMENTOS DE ESCRITURA


6º EI. ASTERIX, OBELIX E OS GALOS SAIRON DA BANDA DESEÑADA



1º EP. FIGURAS EN MARCHA. LINGUAXE MUSICAL

 

2º EP. SOMOS CINE

3º EP. OS XEROGLIFICOS


4º EP. ESCRITORES, FORMATOS DE ESCRITURA

 

5º EP. HARRY POTTER. MÉTODOS ALFABÉTICOS DE ESCRITURA

 

6º EP. RADIO


 Fixemos carteis anunciadores.

 Solicitamos o acompañamento da policía, para o traxecto e convidamos a Álcaldía. O Alcalde viu pero a escolta policial non. Cando quedaban uns minutiños para que as comparsas sairan da escola, apareceu, a saudar a tódolos presentes, o Sr. Alcalde, D. Abel Caballero quen foi recibido por parte do Equipo Directivo e logo de entablar unha conversación fluída dirixiuse aos rapaces da escola saudandoos un a un. Destacou a gran creatividade nas creacións dos disfraces por parte do alumnado e desexounos que o pasasemos ben.




 Pais, nais, avós, avoas, veciños e veciñas acompañaron a nosa comparsa dende a nosa escola ata a alameda de Bouzas, sen quitarlle protagonismo ao noso Meco, figura que fixo rabear a todos e cada un dos membros da comunidade educativa do Resío esta semana.

A saída da escola foi complicada, houbo que cortalo tráfico, pois no comezo da  Rúa Marín esperábannos o alumnado mailo profesorado da Escola de Educación Especial San Francisco, incorporándose no pasarrúas.

 

Ata asistiu a mesmísima ... Emilia Pardo Bazán.

Gozamos da música, das amizades, durante todo o percorrido. Ao chegar á Alameda, gozamos dunha chocolatina e volvimos cara a escola pensando no xuizo que iamos facerlle ao Meco.

Agradecer no percorrido a colaboración de dous exalumnos que tocando a gaita e o pandeiro, amenizaron a festa

 




Chegados de novo á escola, fixemos o xuizo ao Sr. Meco, e foi condeado a vivir uns meses atadiño a unha estantería da Biblioteca

Este entroido foi especial, por fin, libre de restriccións trala pandemia, conseguiamos poder ir todos xuntos e tamén ter as sobremesas de entroido.

 




Un entroido que é posible grazas a un grande equipo, e un grupo de pais colaboradores.


Aquí podedes ver tódalas imaxes do festexo https://photos.app.goo.gl/qz9SupVqgkwuBosy9

















Ningún comentario:

Publicar un comentario