luns, 27 de setembro de 2021

OS VOLCÁNS

 

O alumnado da escola leva inquedo dende que o pasado domingo día 19 de setembro, na isla de LA PALMA, erupcionou un volcán. As autoridades evacuaron a máis de 5000 persoas, pechou estradas polo paso da lava que leva unha velocidade de máis de 700 metros á hora.

 Na televisión puideron ver as primeiras imaxes:

https://www.rtve.es/play/videos/telediario-fin-de-semana/palma-entra-erupcion-volcan-cumbre-vieja/6100918/

Logo chegou o proceso de investigación: Que é un volcán?, cando entra en erupción?, cal é a forma dun volcán?, quen son os vulcanólogos?,...

Elaboramos un mural colaborativo,


 Fixemos un experimento científico do volcán. Mezclamos vinagre, que é un ácido con bicarbonato sódico, que é unha base, produciuse dióxido de carbono, gas que provocou as burbullas que sairon polo cráter do volcán. Esta mezcla  espumosa  se expandiu, de xeito que saiu da botella.


 Foi un experimento moi divertido, o que realizaron os rapaces de primeiro, segundo e terceiro curso de primaria.


 

Agora será a quenda dos maiores. Eles farán outro experimento con mentos e cocacola. Vos contaremos como foi a nosa experiencia.



Ningún comentario:

Publicar un comentario