mércores, 12 de febreiro de 2020

NAIS CIENTÍFICAS QUE TRABALLAN EN PROL DO PLANETA



A nai de Antón, Sonia veu contarnos o que foi facer a Serra Leona hai unhas semanas. Amosounos onde está e como é a vida nesa zona: como son as casas, os alimentos, os seus costumes e as súas músicas. Sabiades que os nenos de Serra Leona son coma nós? So pensan en xogar e pasalo ben; aínda que eles xogan máis fóra da casa e en grandes grupos. E o que máis lles gusta é bailar!

Tamén falamos dos 17 obxectivos de desenvolvemento sostible para o 2030 e en particular do 7 e do relacionado coa súa labor en África: a enerxía sostible. O 86% da poboación de Serra Leona non ten acceso á enerxía. A organización coa que traballa (UNOPS) está a instalar placas solares para que poidan funcionar os 44 centros de saúde nas zonas rurais.
PREME NA IMAXE PARA VER FOTOGRAFÍAS DA ACTIVIDADE


Ningún comentario:

Publicar un comentario